Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Día das Letras Galegas na USC

A USC súmase á homenaxe que o Día das Letras Galegas 2023 rende á figura de Francisco Fernández del Riego cun acto institucional.
usc-dia-das-letras-galegas-slide-10-maio-2023_r

Compostela, 10 de maio do 2023 – A USC súmase á homenaxe que o Día das Letras Galegas 2023 rende á figura de Francisco Fernández del Riego cun acto institucional.

Francisco Fernández del Riego lendo o discurso de resposta a Álvaro Cunqueiro en nome da RAG o día do ingreso do escritor mindoniense na Academia. Foto: Arquivo da Real Academia Galega

O vindeiro martes día 16, as doce do mediodía e no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, celebrarase unha sesión presidida polo reitor Antonio López. O acto servirá para a presentación da obra Francisco Fernández del Riego. Ao meu xeito rebelde, editada polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC. 

O lema ‘Ao meu xeito rebelde’ define como o propio Fernández del Riego consideraba a súa actitude vital. Nacido en Vilanova de Lourenzá, o 7 de xaneiro de 1913, a súa figura “proxecta unha luz inmensa sobre a cultura galega contemporánea, como intelectual, editor, ensaísta e activista”, tal e como afirman dende a coordinación da obra que corre a cargo de Henrique Monteagudo e Xosé M. Salgado. Licenciado en Dereito en 1935 pola USC, o golpe de Estado posterior e a conseguinte Guerra Civil afastárono para sempre das aulas universitarias.

O libro pon o foco na súa traxectoria como líder dun efervescente movemento estudantil durante os anos de entusiasmo republicano, especialmente nunha das tarefas en que máis se empeñou: a galeguización da Universidade. A obra conta con textos de Camiño Noia Campos, Xesús Alonso Montero, Víctor F. Freixanes e Ramón Nicolás Rodríguez, alén das achegas dos propios coordinadores.

Membro da nova xeración de intelectuais que lle deron continuidade ao ideario do Grupo Nós, Francisco Fernández del Riego foi un loitador cultural incansable e unha das figuras centrais do galeguismo, cunha traxectoria polifacética e prolífica que abrangueu dende a política, a creación e crítica literaria á edición. A comezos dos anos 50 foi un dos fundadores da Editorial Galaxia e na última etapa da vida presidiu a Real Academia Galega (1997-2001). Del Riego finou en Vigo no ano 2010.

Post navigation

Previous: Masivo seguimento da folga de lixo en Ames
Next: Campaña de prevención do maltrato animal en Compostela

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.