Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

A universidade de Santiago abre en Fonseca “A Minerva Compostelá”

Ata xaneiro o Pazo de Fonseca acolle a exposición “A Minerva Compostelá no seu pasado”, unha ollada ao patrimonio e a historia da USC.
usc-expo-minerva-slide-21-outubro-2022_r

Compostela, 21 de outubro do 2022 – Ata o vindeiro 28 de xaneiro o Pazo de Fonseca acolle a exposición “A Minerva Compostelá no seu pasado”, unha ollada ao patrimonio e a historia da USC.

A mostra é unha continuidade da instalada a finais do ano pasado baixo o nome “A Minerva Compostelá. As súas glorias”. Fonseca acolle de este xeito un percorrido polo pasado da institución cando se compren 500 anos de que o cóengo Joaquín Auñón se recoñecera como reitor do ‘Colexio do Glorioso Apóstolo Santiago o Maior’, despois Colexio de San Xerome.

O Salón Artesonado

A estrutura da exposición acolle, neste espazo, os retratos dunha selección de reitores realizada dende o tempo de Lope Sánchez de Ulloa, no século XVI, ata García Garrido, quen conclúe o seu mandato en 1972. As Facultades de Medicina, Dereito e Farmacia tamén están presentes a través das representacións dos seus decanos.

O comisario e profesor emérito da USC, José Manuel García Iglesias explica que “Se as Artes se mostran a través da figura do escultor Francisco Asorey, ás Letras, en clave masculina e en lingua castelá, outórgaselles a representación de Ramón María del Valle Inclán. Aos cadros que os mostran fíxoselles a honra de ser entendidos como vítores”.

García Iglesias engade que “Máis afastado do que esta institución fora no pasado está o personaxe a través do cal se alude ao mundo literario, en galego e en feminino; trátase de Rosalía de Castro que vive un tempo no que a muller aínda non entrara nas aulas universitarias compostelás”.

Dúas esculturas coa sinatura do propio Francisco Asorey completan, entre outras pezas, esta sección da mostra.

A Capela

A Universidade de Santiago de Compostela converteuse, tamén, nas últimas décadas, “nun espazo no que se introduciu, devagar, o quefacer dos artistas galegos, fundamentalmente pintores e escultores; tamén, gravadores, ceramistas e fotógrafos”, continúa relatando o comisario da mostra. Neste senso, dese fondo de arte galega contemporánea, a mostra acolle unha selección de pezas de artistas falecidos. “Son todas elas sinaturas ben recoñecidas, e recoñecibles, nun tempo no que, en xeral, o exercicio da arte estaba en mans masculinas. Por iso a presenza de Maruja Mallo e Elena Colmeiro son expoñentes dun mundo por vir, que é, en definitiva, xa o noso”, engade García Iglesias.

A Sancristía

Este espazo da mostra rende tributo ao reitor Alejandro Rodríguez Cadarso por crear “lugares propios para o aloxamento, tanto de alumnos como de profesores, pero tamén para o exercicio do deporte, algo naquela altura alleo ao día a día da USC”, engade o comisario.

A mostra que tamén constitúe un complemento ao Museo Virtual da USC na visibilización do seu patrimonio artístico, permanecerá aberta ao público ata o 28 de xaneiro de 2023.

Post navigation

Previous: Brión aproveita o remanente para arranxar estradas e pistas polideportivas
Next: A Granell inaugura a mostra “Pánico no museo” de María Meijide

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.