займ срочно

Universidade e Centro Dramático Galego presentaron as Faiscas Culturais

0

Compostela, 15 de decembro do 2022 – A USC e o CDG presentaron este mércores o programa pedagóxico que leva por nome “Faiscas Culturais” e que durará ata marzo.

Os promotores definen o programa dicindo que as faíscas son partículas que se desprenden dun corpo que arde”. A partir deste concepto, a USC lanza un proxecto co que pretende que o “lume” das manifestacións culturais e artísticas salte ata as aulas universitarias e prenda a través da reflexión no alumnado inseríndose no seu currículo académico.

A vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, explica o obxectivo“Queremos conectar o que facemos no eido cultural e artístico co que se está estudando nas aulas”. O programa servirá para enriquecer a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural en materias das titulacións que están a estudar.

A primeira das faíscas bota a andar hoxe xoves 15, na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, e consistirá nunha conversa cos membros do Centro Dramático Galego (CDG) sobre a produción teatral ‘Shakespeare en Roma’, os seus contidos políticos e a súa mensaxe aos cidadáns contemporáneos.

Web das Faiscas Culturais

Fran Núñez, director do CDG, acompañou a Pilar Murias na rolda de prensa de presentación de Faíscas Culturais e subliñou como “o teatro naceu para facer preguntas”, en referencia á meta de fomentar o espírito crítico e reflexivo do alumnado a través do teatro.

A partir dos catro textos que tecen ‘Shakespeare en Roma’ e que “rescatamos para o presente”, o alumnado da materia Historia do pensamento e das institucións políticas, coordinada por Manuel María de Artaza, poderá debater e integrar a reflexión cultural nos contidos específicos da súa titulación. Deste xeito, Faíscas Culturais, constitúe, tal e como explicou Pilar Murias, unha aposta pola “formación integral do alumnado”.

Espazo de intersección

As Faíscas Culturais son proxectos artístico-pedagóxicos que se sitúan na intersección que existe entre o coñecemento académico e a expresión artística. Así, agárdanse novas actividades que ocupen este lugar a medio camiño “entre o currículo e as manifestacións culturais”. De feito, continuou relatando Pilar Murias, a conmemoración do centenario do Seminario de Estudos Galegos o vindeiro ano, servirá de marco para a programación de novas faíscas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies