Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

A USC leva a intelixencia artificial ao sector da madeira

Investigadores da USC empregan intelixencia artificial para mellorar a competitividade da empresa madeireira Finsa.
usc-cesga-finsa-slide-2-outubro-2019_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 3 de outubro do 2019 – Investigadores da USC empregan intelixencia artificial para mellorar a competitividade da empresa madeireira Finsa.
    • Intelixencia artificial para a Industria 4.0
    • Presentación do proxecto

Compostela, 3 de outubro do 2019 – Investigadores da USC empregan intelixencia artificial para mellorar a competitividade da empresa madeireira Finsa.

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) e o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) veñen de presentar a segunda fase do proxecto ‘Sistemas intelixentes para a Industria 4.0’, o cal aspira a mellorar a competitividade da empresa Financeira Madeireira S.A (Finsa).

Esta colaboración permitirá profundar na utilización en fábrica das tecnoloxías de Intelixencia Artificial, Big Data e Computación de altas prestacións, poñéndoas ao servizo do conxunto de procesos de fabricación necesarios para obter o produto de calidade demandado polos clientes.

A presentación desta segunda fase dá continuidade aos bos resultados obtidos no proxecto de investigación que CiTIUS, Cesga e Finsa teñen desenvolvido ao longo dos últimos dous anos e medio. Durante este tempo, o equipo de investigadores traballou xunto aos técnicos de Finsa no deseño de algoritmos baseados en técnicas de Intelixencia Artificial, co obxectivo de controlar de xeito automatizado distintos procesos industriais na planta Orember, ata o de agora de difícil control.

O reto proposto pola empresa consistía en obter unha solución tecnolóxica a medida que puidese mellorar a calidade dos seus produtos, aproveitando a inxente cantidade de datos xerados durante a fabricación dos taboleiros de Fibra de Densidade Media, empregados na construción de mobiliario moderno.

Froito desta colaboración, desenvolvida integramente en Galicia polo CiTIUS e o Cesga desde 2017, e validada xa en FINSA Orember, asínase agora un novo contrato de investigación de 5 anos de duración, que manterá esta actividade científica nas dúas institucións contratadas.

Intelixencia artificial para a Industria 4.0

A ‘Industria 4.0’, coñecida tamén como ‘Cuarta revolución industrial’, ‘Industria intelixente’ ou ‘Ciberindustria’, “é xa unha realidade, que será determinante ao longo dos próximos anos en todo tipo de sectores. As empresas atópanse inmersas nun proceso de transformación tecnolóxica que avanza imparable, establecendo fórmulas que preserven a súa capacidade de competir no mercado”, afirman dende o CiTIUS.

Intelixencia artificialO modelo de alianza entre Finsa, Cesga e CiTIUS, aposta por  un equipo interdisciplinario que aglutina empresa, tecnoloxía e academia para, a través do coñecemento e a capacidade, e cunha implicación a pé de planta, poder traballar sobre procesos e produtos reais.

Presentación do proxecto

Os directores de CiTIUS e Cesga, Senén Barro e Mario Fernández Dabouza, respectivamente, acompañaron a Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, no acto de presentación do proxecto.

A directora de Gain tivo ocasión de coñecer as vantaxes dos sistemas intelixentes desenvolvidos polo equipo de investigación coordinado polos científicos David Mera (CiTIUS), Andrés Gómez (Cesga) e Santiago Recamán (Finsa). Os responsables do proxecto subliñaron a importancia da continuidade deste labor investigador, insistindo na necesidade de incorporar coñecemento técnico para a procura de solucións 4.0 destinadas á industria galega. As mesmas fontes incidiron no feito de que estes proxectos se desenvolveran en centros de investigación situados na comunidade galega.

Post navigation

Previous: Xoves de performance en Curtocircuito con RÜGA
Next: Ames só consigue adxudicar 10 unidades de soterramento

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Baltar será unha das figuras protagonistas no Museo do Pobo en setembro
4 minutes read
  • Axenda

Programación de setembro no Museo do Pobo Galego

Goreti-Sanmartin-alcaldesa-de-Santiago-normal-30-xunho-2023_6543_r
4 minutes read
  • Compostela

Municipais 2027: Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.