Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Ciberacoso, o enemigo oculto

Unha investigación da USC evidencia que só un 6% dos proxenitores sabe que os seus fillos foron vítimas de ciberacoso
usc-ciberacoso-slide-27-xaneiro-2020_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 27 de xaneiro do 2020 – Unha investigación da USC evidencia que só un 6% dos proxenitores sabe que os seus fillos foron vítimas de ciberacoso
    • Alfabetización dixital para os proxenitores
    • Tribunal de tese e cualificación

Compostela, 27 de xaneiro do 2020 – Unha investigación da USC evidencia que só un 6% dos proxenitores sabe que os seus fillos foron vítimas de ciberacoso

Leticia López-Castro analizou a incidencia do ciberacoso en 1169 familias con fillos en Educación Primaria nun total de 26 centros educativos de Galicia

As familias descoñecen o que fan os menores cando acceden á rede, por máis que estes se conecten na casa, tal e como conclúe a investigadora do grupo Esculca da USC, Leticia López-Castro, no marco dun traballo sobre a prevención deste fenómeno no eido doméstico. Neste senso o traballo conclúe que só un 6% dos proxenitores sabe que os seus fillos foron vítimas de ciberacoso.

“Se ben maioritariamente as investigacións previas centráronse na incidencia do fenómeno en educación secundaria, esta tese permite achegar datos que reflicten a existencia de situacións de ciberacoso dende idades temperás”, sinala a autora. As análises realizadas revelan que no fogar familiar o 72% dos nenos e nenas emprega de maneira cotiá a tableta para conectarse a Internet, e unha porcentaxe superior ao 50% accede á rede co ordenador portátil ou usando o teléfono móbil.

Asemade, o 41% dos proxenitores informa de que os menores conéctanse diariamente e unha porcentaxe similar faino dúas ou tres veces por semana. Afondando nos tempos, estes nenos e nenas adoitan conectarse durante menos dunha hora, tal e como sucede en algo máis da metade dos casos analizados; ou entre unha hora e dúas, no 40% dos casos. O 5% das familias informa dun acceso diario a internet que supera as tres horas.

Alfabetización dixital para os proxenitores

“As achegas do traballo permiten trazar os eixos chave que deben orientar os programas de educación parental que traten de contribuír á prevención do ciberacoso dende idades temperás”, apunta López-Castro. “Ademais de incidir na alfabetización dixital dos proxenitores, cómpre dotar ás familias de competencias que lles permitan regular o uso das tecnoloxías da información e a comunicación que realizan os seus fillos e fillas”, subliña. O establecemento de relacións máis estreitas co centro escolar e os seus profesionais constitúe outro dos elementos que a investigación destaca como esencial.

A través dun enfoque metodolóxico mixto, no que se combinaron técnicas e instrumentos de natureza cuantitativa e cualitativa, e baixo a dirección da profesora Diana Priegue Caamaño, esta investigación analiza en profundidade a relevancia adquirida polos dispositivos tecnolóxicos na contorna familiar e o seu impacto na vida cotiá familiar, atendendo de maneira particular ás mudanzas acontecidas nas relacións filioparentais. Precisamente a autora trata de recoller os desafíos educativos que implica a xestión da tecnoloxía no seo familiar dando conta dunha situación de desconcerto parental que precisa ser atendida polos investigadores sociais.

Tribunal de tese e cualificación

O tribunal desta tese de doutoramento con mención internacional que obtivo a cualificación de sobresaliente cum laude, estivo presidido por Miguel A. Santos Rego, catedrático da USC; a profesora Armanda Pinto da Mota Matos da Universidade de Coimbra, que actuou como vogal; e Antonio Valle Arias, catedrático da UDC.

Post navigation

Previous: Xuízo contra o propietario de Autobuses de Calo por acoso laboral
Next: Cartas ao director: A Asociación Tralapena e o proxecto mineiro de Touro

Máis novas

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

silleda-subrogacion-saf-slide-24-xaneiro-2022_r
2 minutes read
  • Compostela

Siad 24 sen argumentos para non pagar as nóminas do SAF

DANIEL CROS Y LAS ALMAS
2 minutes read
  • Xeral

Daniel Cros trae Las Almas Sedientas a Santiago

compostela maker faire xornada industria 30 setembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

A Maker Faire Galicia organiza unha Xornada de Industria

fundacion granell inauguracion expo slide 30 setembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

“Bata paisana. Bravas do país” na Fundación Granell

Luz-Fandinho-slide-29-abril-2024-151_r
2 minutes read
  • Xeral

Luz Fandiño terá o seu recoñecemento

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.