Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A mellor danza universitaria de Galicia chega a Compostela

usc-danza-no-principal-slide-3-maio-2018_r

Esta semana celébrase na cidade o XXIII Encontro Universitario de Danza (EUD) que terá lugar no Teatro Principal os días 8 e 9 de abril

Os mellores traballos das compañías de danza das tres universidades públicas de Galicia reúnense esta semana en Compostela na edición vixésimo terceira de este encontro anual.

Á Compañía de Danza da USC, nada ao abeiro do Espazo de Danza baixo a dirección de Juan Carlos Zahera; únese a Aula de Danza do Campus de Ourense, da Universidade de Vigo e a Aula de Danza da Universidade de Coruña.

O EUD, que organiza a USC dende hai mais de dúas décadas e que se enmarca na Primavera Cultural da USC, é unha das actividades máis destacables e visibles do Espazo de Danza da USC promovidas para favorecer o intercambio cultural a través da danza, ademais de para achegar esta disciplina artística ao resto da sociedade.

Programa

Será a Aula de Danza da Universidade de Coruña quen abra o programa de representacións do martes 8 de abril, a partir das 20.30 horas no Teatro Principal compostelán, coa mediación de Javier Martín e a creación colectiva hyphē.

REDes é o titulo da coreografía da Compañía de Danza da USC, dirixida por Juan Carlos Zahera, que nesta ocasión reúne as tres Compañías de Danza da USC (Campus Compostela, Lugo e Sen Vergoña) nunha soa produción, baixo a coreografía de Rosa Acuña, coa que se completa o programa da xornada.

O mércores día 9  presentarase ao público compostelá a Aula de Danza do Campus de Ourense, baixo a dirección de Nuria Sotelo, coa obra titulada Máis tarde, cá cedo e coreografiada por Ainoa Linaza.

De seguido, e rematando o Encontro de Danza da USC, actuará novamente a Compañía de Danza da USC coa coreografía REDes.

A entrada é libre e gratuíta para todas as representacións.

Redes, a peza da USC

Na creación Redes que presenta a USC neste Encontro participan como intérpretes Alexandra  Clista, Adelaida Garcia, Noelia Iglesias, Carmen Soriano, Mario Vazquez, Alicia Collazo, Inés F. Mosquera, Andrea Gil, Alvaro R.Vazquez, Dolores Besteiro, Minda Mendez, Rosa Menéndez, Beatriz Ovalle, Sabela R.  Campo e Victoria Vazquez.

A proxección do audiovisual é de Iria Estevez e a poesía de Sabela Rodriguez. Nesta obra, como na anterior, o vestiario é autoxestionado con tecidos reciclados de redes  cedidas polas Redeiras de Aguiño  (Ribeira), Redeiras de Cangas de Morrazo e Suso Mariñeiro (Cangas do Morrazo). As fotos son de Maribel Pereiro, Fernando Collazo e Ayla Leiva.

Espazo de Danza da USC

O Espazo de Danza da USC foi no deu día unha iniciativa pioneira na Universidade española, concibida como xerme dun laboratorio de danza contemporánea que, dúas décadas despois, presenta no seu currículo a produción de 40 montaxes coreográficas e a realización de máis de 300 actuacións e intervencións, con presenza en máis dun centenar de festivais, seminarios, mostras, exposicións e reunións científicas.

A presenza da danza na USC e a inclusión desta disciplina na grella da oferta cultural e artística da institución académica actúa como un atractivo complemento académico e formativo e é unha eficaz embaixadora da USC como institución aberta e creativa.

Post navigation

Previous: Somos Pandeireteiras, un encontro único en Compostela
Next: A Intermodal estará rematada este mes e operativa ao longo de maio

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.