Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

A USC avanza na loita contra o cancro

A Universidade de Santiago continúa na punta de lanza da investigación de novos fármacos para loitar contra o cancro.
usc-avances-investigacion-cancro-de-mama-slide-24-outubro-2017_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 7 de xullo do 2020 – A Universidade de Santiago continúa na punta de lanza da investigación de novos fármacos para loitar contra o cancro.
    • Adenosina
    • Avanzadas metodoloxías

Compostela, 7 de xullo do 2020 – A Universidade de Santiago continúa na punta de lanza da investigación de novos fármacos para loitar contra o cancro.

Científicos da USC en colaboración coa universidade sueca de Upsala e a farmacéutica Sosei Heptares, danlle un novo pulo ao desenvolvemento tratamentos máis selectivos, eficaces e seguros na inmunoterapia do cancro 

Trátase dun logro do grupo da USC no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) que dirixe o profesor Eddy Sotelo. Deseñar medicamentos máis selectivos, eficaces e seguros é o obxectivo alcanzado grazas á utilización  sinérxica de metodoloxías avanzadas, permitindo así validar o modo de unión dunha nova xeración de fármacos que están actualmente en estudos clínicos. Trátase dun traballo de colaboración enmarcado no proxecto europeo ERNEST dedicado a “descifrar as bases moleculares que rexen a sinalización dos receptores axustados a proteínas  G (GPCRs) en diversas patoloxías”, explica o profesor Sotelo.

Adenosina

A  adenosina é un potente inmunosupresor moi abundante no  microambiente  tumoral. Moitos tumores conseguen escapar da vixilancia do sistema  inmunitario mediante a activación dos receptores A2A e A2 B de  adenosina. Asemade, o tumor aproveita esta activación para expandirse e  metastatizar. “Por este motivo, o uso de fármacos capaces de bloquear os devanditos receptores permite tanto a reactivación do sistema  inmunitario como a diminución da división e metástase das células tumorais, incrementando a eficacia dos tratamentos”, argumenta o investigador da USC.

Este traballo supón un salto cualitativo neste proxecto dirixido ao desenvolvemento de fármacos baseados en moléculas pequenas como alternativa ao uso de anticorpos  monoclonais no contexto da  inmunoterapia do cancro. O uso combinado de métodos  computacionais, metodoloxías sintéticas e a tecnoloxía de cristalización de proteínas patentada pola compañía  Sosei  Hepatares permitiu deseñar e sintetizar novos fármacos, cuxos complexos fármaco-receptor foron caracterizados mediante  cristalografía de raios X. A dispoñibilidade de co-cristais de fármacos cos seus receptores moleculares é clave para o desenvolvemento racional de fármacos.

Avanzadas metodoloxías

A cristalización de receptores axustados a proteínas G (GPCRS) e a caracterización estrutural do complexos fármaco-receptor desta familia de proteínas constitúe un reto para a comunidade científica. A tendencia dos GPCRs a formar agregados, sen relevancia funcional, dificulta o deseño racional de fármacos. Existe, por tanto, unha gran demanda de metodoloxías innovadoras que faciliten o desenvolvemento de fármacos capaces de interactuar con rexións específicas da diana terapéutica. “A utilización  sinérxica desas metodoloxías neste traballo permitiu validar de forma inequívoca o modo de unión dunha familia de compostos que inspiraron o desenvolvemento dunha nova xeración de fármacos que están actualmente en estudos clínicos para o tratamento do cancro”, conclúe  Eddy Sotelo.

Post navigation

Previous: Ames adxudica a ampliación do saneamento en Castelo
Next: Tenso clima laboral no concello de Ordes

Máis novas

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

foto manuel martínez ONCE
5 minutes read
  • Compostela

Manuel Martínez Pan, delegado da ONCE na Galiza: “Lamas, unha persoa cega, foi pioneiro do xornalismo”

compostela un banco para compartor 21 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Un banco para compartir en Compostela

museo do pobo a barca dos pepes 21 setembro 2026 (3)
6 minutes read
  • Xeral

Transfronteiriza no Museo do Pobo Galego

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.