Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Unha tarde con Samuel para loitar conta a enfermidade Duchenne-Becker

compostela andaina unha tarde con samuel SLIDE 12 marzo 2025

Ábrese a inscrición na V carreira e a andaina solidaria “Unha tarde con Samuel” que terá lugar o vindeiro 29 de marzo.

A distrofia muscular de Duchenne e Becker, a enfermidade que sofre Samuel é unha doenza rara, dexenerativa e polo de agora sen cura. Os músculos daquelas persoas afectadas debilítanse pouco a pouco ata perder a súa funcionalidade.

A finalidade de “Unha tarde con Samuel” e recoller fondos para proseguir coa investigación. Máis de duascentas persoas en toda España, arredor de 10 en Galicia, a sofren pero conseguir unha cura, as probas de laboratorio, a investigación en todas as súas fases é complicada por diversas causas.O Concello de Santiago colabora nesta iniciativa solidaria que constará de dúas modalidades: a carreira de 5 quilómetros, con saída ás 18:30 h; e a andaina de 2,8 quilómetros, con saída ás 17:00 h. Para a cativada, tamén se organizou, de xeito paralelo ás dos maiores, carreiras de diferentes distancias (2 km, 1,2 km e 350 m).

Segundo sinalou na presentación da proba a concelleira de deportes, Pilar Lueiro, “é un orgullo acoller probas deportivas no noso Concello, aínda máis cando teñen detrás unha causa solidaria como é o caso desta, organizada ademais por Samuel, un veciño noso afectado por esta enfermidade”.

A concelleira animou á veciñanza de Santiago e doutros concellos a participar nesta xornada, e colaborar coa recadación de fondos para a investigación desta enfermidade o mesmo día da proba ou a través de doazóns no ‘dorsal 0’.

A inscrición estará aberta ata o vindeiro mércores 26 de marzo. Todos os detalles, o regulamento, e os donativos do ‘dorsal 0’, están dispoñibles na web carreirasgalegas.com. Todo os fondos recadados destinaranse integramente á investigación desta enfermidade.

Post navigation

Previous: O ex alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, podería será xulgado por malversación de caudais públicos
Next: O Sendeiro lévase 3 dos 6 premios posibles no XVI Santiago(é)Tapas

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.