Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

Un banco para compartir en Compostela

A Alameda estrea un “Banco para compartir” de Cruz Vermella para concienciar sobre a soidade non desexada

compostela un banco para compartor 21 outubro 2026

Compostela, 24/10/2026 – A Alameda de Santiago estreou un “Banco para compartir” nunha iniciativa impulsada por Cruz Vermella para concienciar sobre a soidade non desexada e reivindicar a importancia do apoio comunitario e do traballo en rede.

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, a tenenta de alcaldesa e concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, e o presidente comarcal da Cruz Vermella en Santiago, José Luis Barreiro, presentaron a intervención, nun acto no que tamén participaron o artista Román Pintavacas, voluntarios e voluntarias da entidade, e outras representantes da Corporación Municipal.

O “Banco para compartir” é un proxecto que Cruz Vermella está a impulsar en diferentes cidades para visibilizar a soidade non desexada e incentivar a implicación do conxunto da sociedade para paliar esta problemática.

Ao seu carón desenvolveranse diferentes actividades, dirixidas especialmente ás persoas que se poidan atopar nesa situación de soidade. Durante a presentación desta iniciativa, a alcaldesa expresou o seu desexo de que “este banco convide a moitos veciños e veciñas a sentar e a que no conxunto da sociedade se instaure a solidariedade que nos mostra Cruz Vermella no seu traballo do día a día”.

Goretti Sanmartín defendeu que “todas as persoas debemos sentirnos parte dunha comunidade, debemos ter con quen falar, con quen estar e con quen sentir” e reivindicou que “Santiago é unha cidade dos coidados, isto é algo que nos representa, e este banco é desde hoxe un símbolo diso, de que faremos o posible para loitar contra a soidade non desexada”.

Pola súa banda, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais agradeceu a iniciativa a Cruz Vermella e puxo en valor que o “Banco para compartir” estea na Alameda, “un espazo público que é patrimonio emocional de todos os veciños e veciñas de Santiago, e un lugar no que todos e todas temos lembranzas de tempo compartido coa familia ou coas amizades”.

María Rozas explicou que con este proxecto “reivindicamos a empatía, a solidariedade e o coidado mutuo, diante do problema da soidade non desexada que lle afecta xa a un de cada cinco galegos e galegas”.

A tenenta de alcaldesa salientou que “ainda que habitualmente asociamos este problema ás persoas maiores, son moitos os mozos e mozas que o sofren, e as administracións públicas temos a obriga de procurar ferramentas para frear esa tendencia”.

O “Banco para compartir” foi caracterizado polo artista Román Pintavacas. Con esta iniciativa, tal e como explicou o presidente comarcal de Cruz Vermella, a entidade quere animar á veciñanza “a exercer accións moi sinxelas que poden facer que unha persoa se sinta acompañada, como poden ser sentar un momento con alguén e iniciar unha conversa”.

José Luis Barreiro animou a todos os composteláns e compostelás a “convertir este banco nun punto de encontro, nun recordatorio de que ningunha persoa debe sentirse invisible”.

Post navigation

Previous: Transfronteiriza no Museo do Pobo Galego
Next: Credencial Gastro este domingo en Vedra

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.