Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Compostela acolle o II Torneo Internacional Viravolta-Jael e III Gala Internacional de Ximnasia Rítmica

Compostela acollerá o II Torneo Internacional Viravolta-Jael e III Gala Internacional de Ximnasia Rítmica que organiza o club Viravolta.
2023 DOSIER XACOBEO DE XIMNASIA RÍTMICA

Compostela, 14 de novembro do 2023 – Os vindeiros 18 e 19 Compostela acollerá o II Torneo Internacional Viravolta-Jael e III Gala Internacional de Ximnasia Rítmica que organiza o club Viravolta.

Nos torneos de ximnasia rítmica participaran medio milleiro de patinadores, entre eles primeiras figuras do panorama internacional. O evento celebrarase no Multiusos Fontes do Sar.

Na presentación participaron O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; o deputado de Deportes da Deputación Provincial da Coruña, Antonio Leira; a concelleira de Deportes de Santiago, Pilar Lueiro; o presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez; o director de Jael Joyería, José María Fernández; e a presidenta do Club Viravolta e directora do torneo, Wendy Rey.

A cita deportiva, que estará amadriñada un ano máis pola olímpica española Carolina Rodríguez. O importe das entradas, que xa se poden comprar en www.clubviravoltasantiago.com, destinarase ás actividades da Asociación de Nenos Oncolóxicos de Galicia, ASANOG.

Cita competitiva e exhibición de estrelas

O II Torneo Internacional Viravolta-Jael e III Gala Internacional de Ximnasia Rítmica conta cun apartado competitivo (o sábado e o domingo polas mañás), no que participarán unhas 350 ximnastas de clubs de Galicia e do resto de España; e dunha gran gala (o sábado pola tarde) na que se poderán ver os exercicios dalgunhas das mellores especialistas do momento a nivel internacional.

Longines e Jael Joyería, xunto co Xacobeo, son os patrocinadores principais da cita, que conta tamén co apoio de Deporte Galego da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña. A presidenta do Viravolta, Wendy Rey, destacou que a cita está favorecendo que a especialidade teña “cada ano máis adeptos en Santiago e en toda Galicia. Sempre é un luxo contar coas mellores deportistas, que dan un exemplo de superación ás rapazas que comezan na ximnasia”.

Estrelas internacionais na Gala do sábado

Neste sentido, Rey destacou a participación de estrelas como Daria Varfolomeev (Alemaña), Campioa do Mundo este curso e chamada a ser a gran dominadora da ximnasia rítmica mundial nos próximos anos.

O presidente da Federación Galega, José Manuel Estévez, destacou que Varfolomeev “é un auténtico portento. Vela en directo, a ela e ao resto de ximnastas que estarán en Santiago, é un auténtico luxo”. Entre as participantes atópanse tamén Anastasia Simakova (Alemaña), Fanni Pgniczki (Hungría) ou Giorgia Galli.

A Selección Española de rítmica achega tamén ás súas mellores competidoras: o conxunto sénior, clasificado para os Xogos de París 2024, e as actuacións individuais de Polina Berezina, Alba Bautista, Teresa Gorospe, Lucía González ou Cristina Korniychuk. No programa da gala haberá tamén espazo para o deporte adaptado, coa actuación de ximnastas con diversidade funcional.

Un evento “con gran proxección exterior”

O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, indicou que a Xunta de Galicia “apoiará sempre eventos deste tipo, que teñen unha gran proxección exterior e axudan a desestacionalizar a demanda turística”.

Merelles remarcou que a cita é posible grazas “á colaboración entre institucións e a un patrocinador privado, Jael Joyería, que tamén o foi do Xacobeo 21-22”. “Galicia conseguiu chegar este ano aos 5,7 millóns de visitantes, en boa parte grazas a festivais e eventos de calidade coma este”, dixo.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, quixo deixar claro que “este non é un torneo calquera. É un referente máis alá de Galicia e, detrás del, hai moito traballo. Non é doado reunir a este elenco de estrelas”, apuntou, destacando que “Compostela é o sitio ideal para unha cita deste tipo”.

Cita solidaria cos nenos oncolóxicos

Pola súa banda, a concelleira de Deportes de Santiago, Pilar Lueiro, animou ao público a acudir a unha cita que “traerá a Santiago a grandes figuras mundiais do deporte”. Lueiro puxo o acento na dimensión social do evento: “É especial para min que se lle dedique a recadación a Asanog. Hai que agradecer o traballo da organización”.

José María Fernández, director de Jael e tamén presidente de Asanog, destacou o feito de que a entrada do torneo se vaia destinar ás actividades desta asociación, que apoia a nenos e nenas pacientes oncolóxicos: “Máis alá do gran espectáculo que se poderá gozar na gala e da competición de clubs, esta cita ten un compoñente social que me satisfai dobremente”, explicou.

Na organización do torneo colaboran desinteresadamente numerosas empresas e entidades galegas e esta edición terá de novo unha vertente solidaria, posto que parte da recadación se destinará a financiar programas de apoio a nenos diagnosticados de cancro e as súas familias a través de ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia).

Post navigation

Previous: Traballos de poda no concello de Padrón
Next: Teo comeza a mellora do campo municipal de Calo

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.