займ срочно

Quen lle pon as mesas ás terrazas da praza?

0

Compostela, 21 de marzo do 2023 – Para alguén que veña de fora o debate sobre as terrazas da Praza de Abastos non tería moito sentido xa que vería que xa existen. Como outras moitas veces son os matices os que marcan a diferenza.

A proposta ven de vello xa que os locais da Nave 5 hai dous anos que fixeron as primeiras peticións pola vía formal, como unha terraza máis. Desde aquela levan indo do concello á xunta reitora da Praza e de volta ao concello sen conseguir nada.

Por unha banda o problema aparece porque algunhas, non todas, das terrazas que se solicitan están en espazos interiores da Praza. Outras están en lugares que se usan para a venda. Finalmente outras, na rúa de Santo Agostiño, estarían na mesma situación que as que levan funcionando anos, na fachada exterior da Praza e en espazos que non son de uso comercial; de feito hai locais que non están fisicamente nos edificios da Praza que teñen licencia para situar parte da terraza en esta fachada.

Non todo é poñer terrazas

Desde a Nave Cinco explícase que non se trata só de colocar terrazas. Na actualidade calquera que pase pola Praza, sobre todo en época alta de visitantes, pode comprobar como se consumen produtos en calquera sitio sen que se saiba ben de onde saíron e deixando lixo en todas partes. Brais, un dos responsables da Nave Cinco, di que a colocación das mesas serviría para solucionar este problema

No caso de aqueles espazos que se usan para a venda comercial. Brais engade que tería que ser a Xunta Reitora a que indicara en que horarios se poden poñer as mesas.

Brais lembra tamén que non se trata dunha petición nova. Ë unha vella demanda que comezou como unha tramitación de terraza normal, individual, e que foi derivando en que 11 locais están a espera do que decidan Xunta Reitora e Concello por seguir precisamente as indicacións que lle foron dando

Que di o concello?

Desde o concello o alcalde, Sánchez Bugallo, mantense na mesma postura de sempre… que tampouco aclara moito. Di que a Praza debe ser un mercado e que é a Xunta Reitora a que ten que decidir. Insiste en que a Nave Cinco ten autorización para vender os produtos da Praza e que a diferencia con outros locais con terraza e que a que quere poñer esta en zonas comerciais. Bugallo di que a opinión dos praceiros é importante… pero non definitiva

Este xoves está convocada unha consulta non vinculante para que os praceiros mostren a súa opinión sobre as terrazas. Entre eles hai de todo, desde os que pensan que todo o que atraia xente é bo, ata os que pensan que os hostaleiros “queren ocupar toda a Praza”. Un conflito máis no segundo espazo máis visitado da cidade, un posto que debería bastar para que se resolveran este tipo de cuestións con axilidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies