Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Terras de Santiago aposta por promover o turismo a través dunha gastronomía Km. 0

xedestino terras de santiago SLIDE 3 de maio do 2025

Compostela acollerá a próxima semana a xornada “O fío verde”, na que unha vintena de produtores locais reuniranse con restauradores e empresas de catering

O Xeodestino Terras de Santiago quere dotar aos restaurantes dunha materia prima ecolóxica e de quilómetro cero. O obxectivo de esa gastronomía é converterse no eixe central da promoción turística do territorio.

O primeiro paso será a xornada “O fío verde”, unha acción de promoción turística organizada polo Xeodestino Terras de Santiago e que terá lugar a próxima semana en Compostela.

“O fío verde” reunirá a unha vintena de produtores locais de horta ecolóxica, leite, queixo, pasta fresca e distintos produtos cárnicos con restauradores e empresas de catering que se atopan na área de influencia do Xeodestino Terras de Santiago.

A intención é que poidan incorporalos á súa lista de provedores. Uns emprendedores e emprendedoras dos municipios que integran este xeodestino: Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Negreira, Padrón, Rois, Santa Comba, Teo, Val do Dubra e Vedra.

“Levamos a terra no noso nome, por algo somos o Xeodestino Terras de Santiago. Unha terra vinculada non só a nós, senón tamén aos nosos devanceiros. E con esta iniciativa estamos intentando recuperar uns sabores que parecían esquecidos, aqueles dos nosos avós e avoas porque estamos convencidos de que a súa frescura, a súa autenticidade e a súa calidade constitúen un atractivo innegable e unha das fortalezas da nosa proposta turística ao visitante”, explican dende a organización.

A xornada “O fío verde” está organizada polo Xeodestino Terras de Santiago en colaboración co GDR Terras de Compostela e Slow Food Compostela. Terá lugar a próxima semana nun establecemento hostaleiro compostelán e agárdase contar tamén coa asistencia dos concelleiros e concelleiras de turismo dos once municipios que integran este xeodestino.  

Post navigation

Previous: O máis lido en Lindeiros do  28 de abril ao 2 de maio
Next: Negreira será un concello cardio protexido

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.