Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A tempada de artes escénicas abrirase en xaneiro en Compostela

compostela-nova-tempadaccompostela-cultura-slide-5-decembro-2024-(1)_r

Compostela, 5 de decembro do 2024 – O concello de Santiago de Compostela presentou este mércores a nova tempada de artes escénicas que a partir de xaneiro ofertará teatro, danza e circo.

O primeiro semestre do 2025 dará unha especial relevancia á compañía Teatro do Noroeste, que será quen a inicie. O fío condutor será o tratamento da “memoria” por parte de directoras, dramaturgas e coreógrafas.

O Teatro Principal, o Auditorio de Galicia e a Casa das Máquinas abeirarán as representacións da temporada. As entradas para todos os eventos poderán mercarse desde hoxe tanto na páxina web compostelacultura.gal como no despacho de billetes da Zona C · Punto de Información Cultural.

Xaneiro

“Guerra”, dirixida por Eduardo Alonso, está protagonizada por Miguel Pernas, Luma Gómez, Manuela Varela, Maxo Barjas, Sabela Hermida e Xavier Estévez, terá unha segunda función o sábado 18, que rematará cun coloquio aberto co público.

 O mes de xaneiro inclúe tamén dúas funcións de As Gardiás, de Teatro de Ningures, unha obra dirixida por Cristina Domínguez a partir da adaptación que Vanesa Sotelo fai do texto homónimo de Nasser Djemaï e que se presentará o 23 e 24 de xaneiro no mesmo espazo; José Sacristán volve ao Auditorio de Galicia o sábado 25 con La colección, de LaZona e Teatro de La Abadía, un espectáculo con texto e dirección de Juan Mayorga; e remata o mes con Go Home, de Etiqueta Negra, unha obra con dramaturxia de José Prieto e dirección de Tito Asorey.

Febreiro

En febreiro o pano do Teatro Principal erguerase o día 6 con Mulleres que viven soas, de Berrobambán, unha obra de Paula Carballeira a partir de textos de Xiana Arias, María da Pontaghra e Vero Rilo e dirixida por Nuria Sanz e Chiqui Pereira, que terá unha segunda función o día 7.

O sábado 8 preséntase Ni flores, ni funeral, ni cenizas, ni tantán, escrita e dirixida por María Goiricelaya e producida por La Dramática Errante. As formas do amor, da compañía galega Verdeveras, tomará o escenario do Teatro Principal o día 14 e Los lunes al sol, de GG Producción Escénica a Teatro del Nómada subirá ao do Auditorio o sábado 15.

Marzo

A axenda teatral do mes de marzo comeza o día 6 con As desterradas, de Producións Teatrais Excéntricas, unha obra escrita por Carme Varela con dirección de Quico Cadaval e cun elenco conformado por María Costas, Melania Cruz, Rocío González, Rebeca Montero, Patricia Vázquez e Víctor Mosquera que terá unha segunda función o venres 7.

O sábado 15 chegará a quenda de Forever, unha produción de Kulunka Teatro en coprodución co Centro Dramático Nacional, o Teatro Victoria Eugenia de Donostia e o Teatro Arriaga de Bilbao. A compañía compostelá A Feroz fará súa a Casa das Máquinas os días 22 e 23 con Bulevar Papagaio, un traballo con texto e dramaturxia de Lorena Conde arredor da colaboración entre a fotógrafa Maribel Longueira e a poeta Luisa Villalta.

Talía Teatro adapta para a escena a obra Un deus salvaxe, de Yasmina Reza, que presentará no Principal os días 27 e 28;  e o sábado 29 chegará a quenda de Nevenka, unha produción de Histrión Teatro e Portal 71 arredor da loita xudicial e mediática que tivo que enfrontar Nevenka Fernández tras denunciar a un cargo político por acoso sexual.

Abril

Outra denuncia por acoso sexual, a da actriz e directora Iria Pinheiro contra o director dun programa de televisión no que traballaba, toma forma escénica en Vitória, unha peza escrita pola propia actriz e dirixida por Vanesa Sotelo e Ricardo Correia que abre a axenda teatral do mes de abril o xoves día 3 no teatro da rúa Nova.

O venres día 4, toma o relevo nas táboas do Teatro Principal Tromso, da compañía Morraoconto, cunha reflexión en clave de humor sobre a perda. O sábado 5, a Sala Ángel Brage do Auditorio acollerá 1936, a recente estrea do Centro Dramático Nacional, con dirección de Andrés Lima e textos do propio director en coautoría con Albert Boronat, Juan Cavestany e Juan Mayorga.

A obra, de máis de catro horas de duración reúne en escena a Antonio Durán ‘Morris’, Alba Flores, Natalia Hernández, María Morales, Paco Ochoa, Blanca Portillo, Guillermo Toledo, Juan Visuesa e ao Coro de Jóvenes de Madrid.

A intensa programación dese mes inclúe ademais El cuarto de atrás, de Lantia Escénica, unha obra dirixida por Rakel Camacho a partir da adaptación que María Folguera realiza sobre o texto de Carmen Martín Gaite e á que poñen corpo e voz, Emma Suárez, Alberto Iglesias e Nora Hernández.

Finalmente, e ao carón do Día Internacional da Danza, chega o novo espectáculo de Paula Quintas que, nunha cocreación coreográfica con Rut Balvís presenta o día 30 no Teatro Principal Aurora Boreal.

Maio

A danza abre tamén o mes de maio con Para que non me deixes aquí soa, de Julia Laport e continúa presente o venres 23 con Proto (SN1806) de Janet Novás. A axenda escénica dese mes inclúe a presentación de Apaga o candil, de Contraproducións con dirección e dramaturxia de Cándido Pazó, os días 9 e 10; Gloria Nacional, de Teatro do Noroeste, o día 24 de maio, e Poncia de Pentación Espectáculos e Teatro Español, con dirección e texto de Luis Luque e Lolita como protagonista o día 30 no Auditorio de Galicia.

Xuño

Finalmente, o mes de xuño resérvase outros dous espectáculos. O Teatro Nacional de Dona Maria II, unha das principais institucións teatrais do país veciño presenta Casa Portuguesa, unha obra que reflexiona sobra a historia da democracia en Portugal con dirección e dramaturxia de Pedro Penim, e que terá dúas funcións, os días 14 e 15 no Teatro Principal.

A produción chega a Compostela por iniciativa do Auditorio de Galicia e do CDG e ao abeiro do programa ‘Temporada Cruzada. Portugal – España. 50 anos de Cultura e Democracia’. Alén dos Ministerios de Cultura e Exteriores de Portugal e España, a representación da obra en Santiago é posible grazas ao apoio do Gabinete de Estratégia, Planeamento e Avaliação Culturais do país luso, de Acción Cultural Española, a Axencia Española para de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), o Instituto Camões, o Instituto Cervantes, da Xunta de Galicia e do Concello de Santiago.

A axenda teatral de xuño conclúe con Los Brutos, do Centro Dramático Nacional, escrita e dirixida por Roberto Martín Maiztegui que se presentará o venres 27 no Teatro Principal.

EnFamilia e PorVezPrimeira

Teatro, danza e circo están tamén presentes nos espectáculos dirixidos a público familiar e miúdo. O ciclo ‘EnFamilia’ ábrese o 18 de xaneiro no Auditorio de Galicia con Camino a la escuela, de Campi qui pugui un espectáculo recomendado para nenas e nenos de máis de 5 anos de idade. A danza dos medos, de Teatro Escena, chega o 15 de febreiro ao mesmo espazo, cunha proposta para maiores de 8 anos.

O día 29 de marzo, Culturactiva presentará na Sala Mozart do Auditorio Castelao, unha obra dirixida por Fina Calleja e con texto de Paula Carballeira para a rapazada de máis de 6 anos de idade e ao mesmo grupo etário diríxese Tú y yo, de Da.Te Danza, que poderemos ver o día 5 de abril no Principal. O Auditorio acollerá ademais a Gran Gala do Circo promovida por Pistacatro o 27 de abril, para todos os públicos, e a presentación de Un pez en el corazón, de Mar Mar Teatro o 10 de maio.

Finalmente, o ciclo ‘PorVezPrimeira’ ofrecerá ás persoíñas máis novas da casa a oportunidade de facer dos espazos de Compostela Cultura o escenario da súa primeira experiencia teatral. A primeira das propostas chegará o 2 de maio á Sala Mozart do Auditorio de Mímesis, de ZIgZag Danza para bebés de ata tres anos. E o día 3 a cita será na Sala Ángel Brage do mesmo espazo con Bob Marley for babies, un espectáculo de para nenas e nenos de ata 3 anos de idade.

Posfunción

Como complemento á programación, a tempada inclúe faladoiros que buscan afondar a experiencia creativa tras a baixada do pano de cada sesión. Así, unha decena de posfuncións servirán para que o público poida coñecer o equipo responsable de boa parte dos espectáculos e o proceso de traballo que posibilita a realización das obras.

Post navigation

Previous: Exposición solidaria en Brión con dous valencianos que participaran nos “Encontros da Arte” e perderon o taller pola DANA
Next: Compostela organiza un programade conciliación para maiores de 12 anos

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.