Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

XV Mostra de Teatro Universitario de Galicia

USC aula de teatro premio Portugal_Cousa_que_trouxo_a_chuvia slide 31 marzo 2017_r

O teatro universitario chega a Santiago do 21 de abril ata o 1 de maio. O Salón Teatro e a sala Roberto Vidal Bolaño de Santa Marta serán os escenarios de acollida.

Cómprense 15 anos desde que a Aula de Teatro da USC comezara a organizar a Mostra  de Teatro Universitario de Galicia. Desde o luns 21 a mostra porase en marcha con seis compañías de Santiago e Lugo e unha do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

Salón Teatro

O programa do Salón Teatro, no que todas as funcións serán ás 20.30 horas, comeza o luns 21 coa posta en escena pola compañía da USC Artías Teatro da peza Vivir sen medo, a partir da obra Mujeres jubilosas de Luís Visentín, con dramaturxia de Ana Ponte.

O martes actuará o Grupo Maricastaña da Aula de Teatro do Campus de Ourense (UVigo) coa obra Ludovico 2.5, con dramaturxia de Fernando Dacosta, e o mércores fará o propio a compañía El Enredo (USC) con A recepción, de Andrés Fernández Pardo e Noelia Miguéns Castaño.

Xa o xoves 24 será a quenda da compañía Calopsia Teatro, xurdida do curso de iniciación ao teatro da USC, que interpretará Dysphoria mundi, de Paul B. Preciado con dramaturxia de Helena Salgueiro.

O programa no Salón Teatro complétase coa posta en escena o venres 25 da obra Voilà, de An González, pola Compañía de teatro da USC do Campus de Lugo.

Sala universitaria de Teatro

A Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño da USC, emprazada no edificio do Auditorio universitario do Campus Sur, acollerá os días 30 de abril e 1 de maio, ás 21.00 horas, a representación da creación colectiva Abandonar toda esperanza, de La Barata Teatro.

A entrada a todas as funcións do certame é de balde previo paso polas billeteiras, que estarán abertas dende as 19.00 horas no Salón Teatro e dende as 20.30 na Sala do Campus.

Post navigation

Previous: O máis lido en Lindeiros do  14 ao 18 de abril
Next: XXII Certame Literario Concello de Ames

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.