Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Reportaxes
  • Xeral

Conversa con Eduardo Alonso, director e autor de “Guerra” de Teatro do Noroeste

compostela teatro noroeste slide

Compostela, 17 de xaneiro do 2025 – Hoxe é mañá Teatro do Noroeste pon no escenario do Teatro Principal de Compostela, como estrea absoluta, “Guerra” unha peza que xira arredor da guerra dentro do teatro.

Eduardo Alonso , terceiro pola esquerda, co equipo e representantes institucionais

Será a primeira das dúas obras de Teatro do Noroeste que Compostela Cultura programou para este primeiro semestre do ano dedicándolle así un dos seus chamados “Focos”. A partir das 20.30h de este venres é sábado o Principal convertese nun Teatro bombardeado no que habitan as personaxes de outras obras e de outras guerras.

Un drama salpicado de comedia que traen a Compostela Luma Gómez, Miguel Pernas, Manuela Varela, Maxo Barjas, Sabela Hermida e Xavier Estévez, con música de Bernardo Martínez, escenografía e vestiario de Carlos Alonso e produción de Eva Alonso.

Tras Compostela “Guerra” comeza unha xira que ten xa confirmadas tres datas: 1 de ferreiro: Ribadeo, 14 de febreiro: Teatro Rosalía Castro da Coruña e 15 de febreiro: Pazo da Cultura de Narón. Xa en maio volverán a Santiago con “Gloria Nacional” e pechar o “Foco” que se lles dedica.

Eduardo Alonso, dramaturgo

Eduardo Alonso leva case 60 anos facendo teatro desde os seus comezamos en Madrid. Teatro do Noroeste, fundada xunto con Luma Gómez, máis de 30; unha experiencia acumulada da que falamos no Teatro Principal e a poucos metros do Salón Teatro, sede do CDG do que foi tamén un dos impulsores.

Para Alonso a Rúa Nova de Compostela, onde atopan estes dos teatros é o máis parecido a estar na casa, polas veces que actuou e porque algo que el axudou a crear segue funcionando e con moi boa saúde

Despois de tantos anos Eduardo Alonso considera que se está a facer un teatro de moito calidade, explica que o que falta é estrutura que os manteña xa que seguimos moi atrás comparando con antes da pandemia. Unha reclamación constante das compañías é que nas grandes vilas ás programacións de obras sexan polo menos de dúas datas.

O certo é que o público responde. En Galicia tanto nos pequenos pobos como nas grandes vilas, como é o caso de Compostela, cando se programa teatro a xente acode e as salas énchense.

Preguntamos por esta nova creación que naceu a partir do bombardeo do Teatro Maríupol na guerra de Ucrania. Ese suceso inspirou a Eduardo Alonso para escribir esta “Guerra” que hoxe estrea.

Despois de tantos anos podería pensar que os nervios dunha estrea se mitigan pero Alonso explica que no teatro é sempre unha primeira vez, cando non é porque cambian os usos na forma de actuar faino a tecnoloxía polo que os nervios sempre están aí.

Teatro do Noroeste é unha das compañías máis consolidadas en Galicia e Eduardo Alonso un dramaturgo que, sen dúbida, deixou xa un pouso no noso teatro. O seu traballo serio e constante serviu xa para inspirar a moitos novos actores e directores polo que o respecto que se lle ten está máis que gañado. Ver o novo de Eduardo Alonso, nun teatro como o Principal de Compostela, é unha experiencia sempre gratificante e enriquecedora. 

Post navigation

Previous: Dodro destinará o POS+ 2025 ao SAF
Next: Padrón aproba por unanimidade o POS+ Adicional para gastos sociais extraordinarios

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.