займ срочно

Teatro do Noroeste volve a Compostela con “O último verán en Santa Cristina” e falamos co seu director, Eduardo Alonso.

0

Compostela, 14 de marzo do 2023 – Eduardo Alonso fundou, xunto a Luma Gómez, Teatro do Noroeste a mediados dos 80’ o que a converte nunha das compañías máis lonxevas de Galicia.

Ao longo de todo este tempo produciu cerca de corenta espectáculos e comezamos preguntando a Eduardo Alonso polo que consideramos algo inédito.

Esa lonxevidade o converte nun espectador de excepción da evolución do teatro en Galicia. Hai un tópico que di que o teatro está de capa caída, nas últimas; pero actores e técnicos o levan dicindo décadas e aí segue. Alonso asegura que nunca pensou en iso pero si recoñece que segue sen ter os apoios que se merece.

Eduardo Alonso participou tamén na creación do Centro Dramático Galego polo que non nos resistimos a preguntar pola súa valoración do momento que vive o CDG que, polo que di o director, non é o mellor.

Teatro do Noroeste trae a Compostela “O último verán en santa Cristina”. Trátase dunha obra que nace da memoria histórica de Galicia sobre as visitas de Franco a Meirás, narrada a través da vida dun cativo que crece a medida que avanza a peza.



É inevitable pensar que hai algo de Eduardo Alonso no protagonista, aínda que só sexa polo vivido polo director na súa propia nenez

Eduardo Alonso

Actuar no Teatro Principal de Compostela ten algo de especial en esta ocasión para Eduardo Alonso. Teatro do Noroeste leva anos sen pasar pola sala pese, segundo nos explica, a telo intentando en distintas ocasións. A pena, ou frustración, que se intúe queda compensada pola ledicia de volver a Compostela

Un podería estar todo un día falando, e aprendendo, de teatro con Eduardo Alonso. Teatro do Noroeste é un dos piares da escena galega desde a súa fundación e producir un espectáculo cada ano o demostra. Este venres 17 volven a Compostela cunha peza necesaria, é preciso non esquecer a memoria histórica do que supuxo o franquismo en Galicia. Máis alá da política están as persoas e moitas creceron con lembranzas dunha época que compre ter presente para que non se repita.

“Último verán en Santa Cristina” estará no Teatro Principal de Compostela o venres 17 de marzo ás oito e media da tarde. + info en https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/%C3%BAltimo-ver%C3%A1n-en-santa-cristina

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies