Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Taxis, VTC, aluguer con condutor… e non chegan

compostela taxis vtc SLIDE 11 maio 2025

Compostela ten un problema no servizo de transporte de viaxeiros. O autobús urbano está lonxe da eficiencia pero os taxis parecen non chegar, os VTC son presuntamente ilegais e os de aluguer con condutor “alegais”.

Compostela volve ao debate sobre o servizo de taxis a raíz da denuncia do Partido Popular sobre a contratación, presuntamente ilegal, por parte do equipo de goberno duns vehículos de aluguer con condutor para unha reunión das Cidades Patrimonio da Humanidade.

 O conflito aparece a partir da apertura dun expediente sancionador a un de eses vehículos alugados. A pregunta é obvia, si existiron 29 traxectos por que só se abriu un expediente?. A pregunta leva tamén unha aclaración, que se abrira un expediente por unha denuncia non quere dicir que exista unha sanción.

Que di o goberno municipal?

O primeiro que di o goberno municipal é que non se contratou ningún servizo, colaborouse coa organización das Cidades Patrimonio da Humanidade e foi esta a que realizou o contrato. A alcaldes, Goretti Sanmartín, convidou ao voceiro do Partido Popular, Borja Verea, a que mostrara o contrato asinado polo concello.

A seguinte explicación do goberno municipal é sobre a situación de este tipo de servizos. No 2024 a Lei de acompañamento dos orzamentos da Xunta de Galicia deixa en mans dos concellos a regulación do aluguer de vehículos con condutor. Esta regulación non existe aínda en ningún concello o que provoca un baleiro legal. Non están prohibidos pero non están regulados.

Hai que dicir que esa regulación terá que marcar unha diferencia entre plataformas como Uber ou Cabify e o servizo usado en esta ocasión. Desde hai décadas é habitual alugar un vehículo con condutor en distintas situacións; unha voda, un artista que chega á cidade, un empresario que ven a traballar e non quere depender de taxis… situacións que se veñen dando, como dicimos, desde hai décadas.

No 1993 celebrouse o concerto dos mil anos na Coruña. Un dos artistas foi o único e inimitable Chuck Berry. Sempre esixía limusinas e en este caso non foi unha excepción pero non contento con iso decidiu conducila ata o hotel sen pensar que Coruña non ten as rúas do tamaño das de calquera gran cidade estadounidense; acabou por rascala. Volven ao que nos ocupa ese servizo hoxe en día sería “alegal”.

 Escoitamos as declaracións da alcaldesa, Goretti Sanmartín, sobre todo isto

Que facemos?

É un feito que Compostela en certos momentos ten problemas co servizo de taxis. Non da a sensación que máis licencias o solucionen. Servizos como o que está en cuestión non están pensados para o usuario habitual xa que son vehículos de alta gama con condutores profesionais e contratados por unha empresa, non autónomos. Plataformas como Uber o Cabify abren unha porta ao autoemprego e poden complementar o baleiro entre a falta de taxis e o aluguer con condutor como xa sucede en moitas cidades.

O debate é como se pode regular, como esa regulación dividirá eses tres supostos para que cada un teña o seu oco sen pisar o dos outros. Tócalle aos políticos exercer e canto antes porque resulta evidente que esa regulación chega tarde. Cando falamos de políticos falamos de todos; os que teñen que levar a regulación ás comisións e ao pleno pero tamén os que denuncian o sucedido, suponse que o denunciante ten unha idea de como o resolvería e estaría ben que tamén a contara.

Post navigation

Previous: Cantareiras, tradición e oralidade nos Luns do Ateneo
Next: Rois ratifica o convenio para a nova depuradora

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.