Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O sector do aloxamento di non á taxa turística

compostela hosteleria e hoteleria contra a taxa NORMAL 30 xullo 2025

Pese ao tempo que se leva falando da taxa turística, dos estudos realizados ou dos exemplos de outras cidades as asociacións de hostalería e de hotelería de Compostela seguen opoñéndose.

Algo non funciona nunha cidade cando cada tema de importancia que se toca acaba sendo unha constante discusión durante anos, a taxa turística non é unha excepción como imos ver. Xa no ano 2017, no mes de outubro presentábase a nova directiva da asociación de hostalería que se mostrábase disposta a falar da taxa.

No ano 2019 Compostela Aberta levaba ao pleno de setembro unha proposta sobre a xa famosa taxa. Tras a pandemia retomouse o tema e comezouse a falar sobre a que dedicar o diñeiro que se recadaría, era o 2022. Uns meses despois, en abril do 2023, o modelo de taxa turística presentábase ao sector. En marzo do ano pasado impulsábase unha mesa de diálogo co sector e un ano despois, en marzo pasado, falábase xa da implantación da taxa no verán e facíase no transcurso dunha nova reunión co sector.

En medio de todas esas reunións, plenos e propostas tiveron a bo seguro moitas máis conversas fora de foco. O concello ten que coñecer de sobras todas as posturas e o sector por onde camiña a taxa e como se implantará. Se algo disto non é así e que algo falla en algunha das dúas partes.

A protesta

Despois de todo este periplo onte o sector da hostalería facíase unha foto no Obradoiro para “mostrar publicamente unha vez máis o seu rexeitamento unánime á implantación desta taxa”.  O sector, representado pola Asociación Hostalería Compostela e a Unión Hotelera, considera que a taxa é “inxusta, está mal deseñada e é precipitada”.

Fontes da Unión Hotelera lembran que os hoteis asociados “xeran máis de 1.000 empregos directos e contribúen de forma moi significativa ás arcas municipais a través do IBI, o IAE e o imposto especial de recollida de lixos”, e insisten en que “a hotelería legal é hoxe un dos grandes contribuíntes económicos do Concello de Santiago”.

Na súa opinión, “esta medida, lonxe de ordenar o turismo, penaliza inxustamente ao visitante que pasa a noite na cidade, que é precisamente o máis controlado, o máis responsable e o que máis contribúe á economía local”, e pola contra “ignora a quen realmente xeran a saturación urbana que se está dando desde hai anos por parte de excursionistas, cruceristas e grupos organizados que permanecen só unhas horas na cidade”.

Outra das razóns do rexeitamento é a intención de implantar a taxa este mesmo ano, en tempada alta, e con miles de reservas xa realizadas, explicando que “de aquí a final de ano espéranse decenas de miles de pernoctaciones en Santiago, realizadas por hóspedes que xa pagaron ou reservaron a súa estancia sen ningunha información sobre un sobrecusto que agora se lles quere impor”.

“Que ocorre se un cliente négase a pagalo? Quen asume a reclamación? E o prexuízo para o establecemento?”, pregúntanse desde a asociación, que incide en que “esta situación xera inseguridade xurídica, deteriora a confianza do visitante e traslada ao sector alojativo unha carga administrativa e legal que non lle corresponde”.

A taxa será levada a pleno este xoves para unha aprobación definitiva. Cada grupo terá que posicionarse e defender o seu voto pero o que resulta evidente é que se non hai un entendemento non pode ser porque se falara ou non se deran momentos e lugares para falar.

Post navigation

Previous: Futuros alcaldes e mocións de censura
Next: Feito o Man, vinte dous anos de música na rúa

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.