Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Santiago comeza a cobrar a taxa turística

hostaleria-manifestacion-slide-26-outubro-2020_r

O xulgado denegou onte as medidas cautelares solicitadas pola Unión Hoteleira para a suspensión da aplicación da denominada taxa turística


Hoxe entra en vigor a taxa turística na cidade de Santiago despois de que o xulgado non aceptara a paralización da mesma, como medida cautelar, no recurso presentado pola Unión Hoteleira.

O auto emitido polo xulgado indica que no aprecia  “prexuízo económico inmediato e evidente” para os asociados da Unión Hoteleira e explica que “”a taxa non é un gravame económico directo e inmediato? para estes negocios, dado que non son quen pagan o tributo: fano quen pasan a noite na cidade”.

A Unión Hotelera emitiu un comunicado no que recoñece que non esperaba que as medidas foran aceptadas “a medida cautelar é unha medida preventiva e excepcional que non adoita admitirse a trámite e que, por tanto, xa nos esperabamos”.

Pero o proceso segue adiante. Desde o concello a tenente de alcalde e concelleira de turismo, Miriam Louzao, dicía o luns que non esperaba que se paralizara a implementación da taxa pero que en calquera caso e un proceso aberto que haber que esperar a ver como se resolve.

Na Unión Hotelera insisten en que “o noso deber era tentalo polos prexuízos económicos, organizativos e de incumprimento de prezos previamente establecidos para as reservas feitas con anterioridade á aprobación da ordenanza, e ante as posibles queixas e valoracións en liña negativas por parte dos nosos hóspedes”.

Os hostaleiros lembran tamén que o auto indica que “este non é o momento procesual para valorar a validez da normativa impugnada, que será obxecto de análise cando se dite sentenza” e afirman que “todos os nosos aloxamentos asociados están preparados para aplicar a taxa turística ás persoas que pasen a noite desde mañá (noite do mércores) e que por suposto, cumpriremos a ordenanza”.

Post navigation

Previous: Loita xudicial pola concesión de augas a ALTRI
Next: Exixen unha mellor sinalización nas obras do Milladoiro en Ames

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.