SONY DSC
Compostela, 16 de xullo do 2019 – Nun pleno extraordinario o concello de Santiago aprobou, co apoio de Compostela Aberta e a abstención de PP e BNG, un suplemento de crédito de 7,5 millóns de euros.
A concelleira delegada de facenda, Marta Abal, foi a encargada de defender as razóns para a aprobación do suplemento e tamén dun crédito extraordinario. O montante total divídese nu primeiro suplemento de 1.524.572,77 euros e un crédito extraordinario de 287.541,51 euros para pagos pendentes e nun segundo suplemento de 5.708.776,90 euros destinado a pago de débeda bancaria.
A primeira partida foi apoiada polo Psoe, Compostela Aberta e BNG mentres que o PP abstívose. Na segunda a abstención foi a opción elixida polo BNg xunto co PP e só Compostela Aberta votou a favor.

Compostela Aberta lembrou que estes suplementos son derivados da non aprobación dos orzamentos que a formación presentara a principios de ano. A diferenza entres os 92 millóns dun orzamento prorrogado e os 115 millóns que sería o orzamento que se denegou é, según CA, a que fai necesarias estas medidas e defendeu o seu apoio por responsabilidade.
O PP pola súa banda cualificaba de esaxerada a cantidade. Considera que estes suplementos son a consecuencia dunha mala xestión por parte de Compostela Aberta e fala de situación ” surrealista, polo desorbitado do superávit que chega aos 17 millóns de euros e, por outra banda, tamén resulta incomprensible que Sánchez Bugallo anuncie que actualmente non se cumpre e que seguirá sen cumprirse durante o que resta deste ano”.
