Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

O Son do Camiño no horizonte

Un mes e medio é o que queda para unha nova edición do Son do Camiño, tras o éxito do 2023 a organización conta con volver a encher
o-son-do-camino-2019-dia-1-(5)-normal_r

Compostela, 16 de abril do 2024 – Un mes e medio é o que queda para unha nova edición do Son do Camiño, tras o éxito do 2023 a organización conta con volver a encher o Monte do Gozo.

A pasada edición o Monte do Gozo ampliou o espazo para o Son do camiño o que non foi un impedimento para vender todas as entradas. Esta edición, con artistas como Green Day ou Pet Shop Boys, é de esperar que suceda o mesmo.

O Son do Camiño celebrarase do 30 de maio ao 1 de xuño. Os primeiros abonos vendéronse en cuestións de horas e a segunda oferta vai polo mesmo camiño. As entradas soltas van tamen a bo ritmo e da a sensación que o adianto no calendario non será un problema.

Artistas e días

O certo é que no Son do Camiño, teña un os gustos que teña pode atopar algo co que desfrutar. Desde o reggaeton de J. Balvin a uns clásicos como os Pet Shop Boys; do rapero Myke Towers ao asturiano Melendi; Ana Mena, Arde Bogotá, La Oreja de Van Gogh… unha macedonia musical na que todo cabe.

O xoves 30 de maio o Son do Camiño ábrese con Green Day, J Balvin, Arde Bogotá, Fernandocosta, The Interrupters, Mattn, Hot Milk, Berto y Maryland ocuparán os dous escenarios tradicionais. No novo, baixo o nome de Son Electro by Repsol,  estarán Trym, Patrick Mason, Daria Kolosava, Kalte Liebe (Live), Parkineos, Barbara Lago y Kike Varela.

O venres 31 actuarán Pet Shop Boys, Myke Towers, Love Of Lesbian, Natos y Waor, Icona Pop, La Oreja de Van Gogh, Recycled J, Judeline, Marilia Monzón y Monoulious DOP. Na zona electrónica Solardo, Ben Hemsley, Viviana Casanova, Cristina Tosio, Toni Varga y Richi Risco.

O último día o Son do Camiño acollerá a Thirty Seconds To Mars, Melendi, Tom Odell, Rels B, Wade, Ana Mena, Baiuca, BB Trickz, Carlos Ares y New Wave Kill. No Son Electro By Repsol, Vitalic (Live), Tiida, Âme Hendrik Schwarz (Live9; Héctor Llamazares, Karras Martínes e Grobas.

Seguiremos moi atentos e o contaremos todo, o Son do Camiño abre o calendario de festivais en Galicia.

Post navigation

Previous: Rexistran cerca de mil alegacións contra Altri
Next: A Real Filharmonía recibe a Wu Wei e o sheng

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.