Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Comeza o Son do Camiño máis audiovisual

Son-do-Caminho-2024-presentacion-slide-30.maio-2024_9513_r

Compostela, 30 de maio do 2024 – Hoxe comeza o Son do Camiño que ven de ser confirmado como o único festival en ser retransmitido en directo por TVE no 2024. .

O Son do Camiño consolídase de este xeito como o festival máis destacado de Galicia e un dos máis importantes de España. Mañá venres a 2 de RTVE retransmitirá en directo o concerto de Pet Shop Boys, un dos máis agardados xunto co de Green Day que abre hoxe o festival.

 Máis o Son do Camiño da un paso máis este ano no eido audiovisual xa que suma a retransmisión de sete concerto na súa canle de Youtube. Unhas retransmisións que contan co patrocinio da Xunta de Galicia, Xacobeo e Estrella Galicia.

O xoves retransmitirase o concerto de Interrupters, de Fernando Costa, de Arde Bogotá e de Mttn. O venres serán emitidos os de Marilia Monzón e Natos Y Waor; e finalmente o sábado os de Baiuca e Wade.

O cartel do Son do Camiño 2024 inclúe máis de 40 artistas internacionais dos que destacan Green Day, J Balvin, Thirty Seconds To Mars, Myke Towers, Melendi, Pet Shop Boys, Rels B, Ana Mena ou La Oreja de Van Gogh entre outro.

A música electrónica terá a súa propia zona e o seu proio cartel. Unha programación de primeiro nivel con nomes como Trym, Vitalic (Live), Patrick Mason, Tiga, Henrick Schwarz y Kalte Liebe, Ben Hemsley, ou Daria Kolosova.

 O Son Do Camiño é un festival creado por e para Galicia, promovido polas empresas galegas Esmerarte Industrias Creativas e Bring The Noise, co apoio activo da Xunta de Galicia e o Xacobeo. Desde a súa primeira edición en 2018, o festival converteu a Santiago nunha das capitais da música en directo en Europa cada mes de xuño. Estrela Galicia, principal patrocinador privado, colaborou desde o inicio, integrándose como parte esencial da experiencia do festival.

O recinto do festival acolleu este martes a rolda de prensa de presentación na que participaron O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, xunto cos representantes das empresas promotoras Kin Martínez e Iván Mendez e do responsable de patrocinios de Estrella Galicia, Juan Inchausti.

Post navigation

Previous: Andaina para protestar polos eólicos que ameazan Sabucedo
Next: Propoñen rematar a urbanización de distintas rúas en Compostela

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.