Actualización
21 de febreiro do 2025 – A expulsión non é firme paara a secretaría do concello. Polo momento os concelleiros seguen integrando o grupo municipal socialista aínda que para o partido xa non formen parte del.
O secretario do concello considera que mentres a comisión de garantías non decida sobre o recurso que presentarán os mencionados concelleiros eles seguirán sendo parte do grupo municipal socialista.
Os concelleiros xa advertiron na rolda de prensa que esgotarán os prazo para a presentación dos escritos polo que no vindeiro pleno, día 27, estarán na bancada socialista e votarán a favor dos orzamentos. Quedan por saber o sentido do voto de Sindo Guinarte e Marta Abal para os que o goberno municipal non se contempla outra opción que un voto favorable ou, en todo caso, unha abstención.
Compostela, 20 de febreiro do 2025 – A rolda de prensa dos concelleiros socialistas expulsados do Psoe non deixou sorpresas pero si revelou aínda máis a crise interna do partido máis alá de Raxoi.

Mesmo formato e declaracións dos socialistas (pediron expresamente que non se lles chamara “díscolos”) parecidas ás da anterior rolda de prensa que podedes escoitar aquí. Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Mila Castro eMarta Álvarez falaron en ese orde para engadir que están dispostos a acudir aos tribunais.
Na comparecencia todos insistiron en que o proceso usado para expulsalos só se aplicara antes a casos de extrema gravidade, Gonzalo Muíños engadía que “non se trata da normativa se non de facer oco”.
Gonzalo Muíños remataba a súa intervención defendendo que son socialistas e o seguirán sendo e que todo isto non acabará cunha expulsión.
Mercedes Rosón insistiu nas diferencias de este proceso con outros anteriores e lembrou o sucedido no 2012, ano no que o voceiro municipal elixiuse por votación no grupo municipal e non no partido. Engadiu que Gonzalo Muíños elixiuse como voceiro por votación sen que ninguén quixera selo, tampouco Sindo Guinarte.
Tanto Mila Castro como Marta Álvarez insistiron en que todo o proceso fíxose para conseguir a dimisión de algún dos concelleiros, en particular de Marta, e preguntáronse se na comisión de garantías non haberá alguén que o entenda así.
Preguntas e respostas
Áhora das preguntas as respostas foron as esperadas. Eles pensan apoiar os orzamentos pero non saben o que farán Sindo Guinarte e Marta Abal. Están dispostos a acudir aos tribunais para seguir pertencendo ao partido socialista pero contemplan todas as posibilidades, mesmo acabar como non adscritos segundo o que diga a secretaria do concello.
A preguntas dos xornalistas Mila Castro engadía exemplos que aportar si se chega á vía xudicial, casos parecidos no Congreso dos Deputados que se resolveron cunha multa.
Lindeiros puido falar estes días con moitos socialistas da comarca e, fora de micro, todos pensan que é un proceso que non ten sentido. Estes cargos pregúntanse como e posible que acaben expulsadas persoas con tantos anos de traballo para o Psoe. Mercedes Rosón púxolle a palabra ao que están a pasar “brutalismo”.
Desde Lindeiros fixemos a única pregunta que quedou sen resposta porque “non tocaba”. Preguntamos si se fixera mal a lista electoral, non polos resultados obtidos se non porque todos os implicados en este lío estaban en esa lista, os seis concelleiros do grupo municipal pero tamén Aitor Bouza. Esta foi a resposta
Non e nin de lonxe o último capítulo, esta semana comisión de facenda previa ao pleno, a vindeira semana pleno e , polo momento, o silencio do partido faise cada vez máis difícil de entender tras as acusacións dos concelleiros socialistas que, desde onte, non teñen partido.
