Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Rosalía toma Compostela

compostela festival rosalia slide 11 febreiro 2025

Compostela, 12 de febreiro do 2025 – Un ano máis Rosalía de Castro tomará Compostela os vindeiros 21, 22 e 23 na sétima edición do Festival Rosalía.

En este 2025, o Festival Rosalía leva por lema “Sen pombas nin flores”. A praza de Mazarelos será o punto central do 188 aniversario do nacemento da poetisa. Na organización estará, xunto ao concello, a Deputación da Coruña.

O programa amplíase nun día xa que o venres 21 ofrecerase unha visita guiada á Casa de Rosalía. As actividades ao completo foron presentadas pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; a deputada de Lingua, Sol Agra; e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira.

Goretti Sanmartín definiu o festival como “unha iniciativa magnífica, xa consolidada e de referencia”, ao tempo que sinalou o encontro como “un orgullo para Compostela e para o país”.

A alcaldesa de Santiago salientou, ademais, que o Festival Rosalía “potencia a figura dunha Rosalía rebelde, moderna, contemporánea, dunha Rosalía con vontade de intervir socialmente e lonxe de imaxes estereotipadas”.

Programación

O Festival Rosalía concentrará durante a fin de semana as actividades en Compostela, na xa mencionada praza de Mazarelos. A este espazo súmanse ademais actuacións no Teatro Principal e no Colexio Maior de Santo Agostiño. 

Baixo o lema “Sen pombas nin flores”, inspirado nun verso rosaliano tirado de Follas Novas, desenvolverase un amplo programa que inclúe recitais, animación de rúa, concertos e teatro.

O Festival propón a primeira actividade, o venres 21, cunha visita guiada á Casa Rosalía conducida por Anxo Angueira. Esta ruta pola Casa da Matanza ten as prazas limitadas e dende Santiago sairá un bus fretado pola organización.

A inscrición, gratuíta como o conxunto do programa, realizarase a través desta ligazón: https://i.gal/VisitaRosalia. O bus sairá ás 16.30 de Santiago e a visita guiada principiará ás 17.00 horas.

Xa o sábado, o Festival Rosalía continuará ás 11.00 horas coa apertura da feira, situada na praza de Mazarelos. A Libraría Pedreira, Árbore Azul, 13D Deseño Galego Impreso en 3D, Casperolota Atelier, Cuire Acuarelas, Acontravento, Egretta Biloba e Coas Mans Artesanía formarán parte da feira, que estará aberta o sábado en horario de 11.00 a 14.30 horas e de 16.30 a 20.00 horas. 

Ás 11.30 horas, Os QuinQuilláns darán comezo ao seu Pasarrúas rosaliano, unha ruta teatralizada que percorrerá diferentes lugares da cidade. 

Pandereteiras, regueifas e recitais

Ás 12.00 horas do sábado, celebrarase o obradoiro de Regueifa para familias e unha mostra de improvisación, a cargo de Regueifa Tour e coa participación de Manolo Maseda e Séchu Sende, do proxecto Regueifesta. Ás 13.45 horas, a sesión Vermú correrá a cargo do Coro Encaixe. 

A praza de Mazarelos recibirá ás 17.00 horas Somos pandereiteiras, proxecto promovido por Mercedes Peón e composto por tres grupos de pandereiteiras: Raigañas de Cerqueda (Malpica de Bergantiños), Xirifeiras (Fene) e a Asociación Cultural Rosalía de Castro (Padrón), que reflexionarán sobre outras formas de vivir a música desde a sororidade e coa convicción de crear o novo relato da existencia como tocadoras.

Ás 18.30 horas, terá lugar un recital poético con Anxo Angueira, Nuria Vil e Andrea Nunes e xa ás 20.00 horas, o Teatro Principal pechará o sábado co concerto da formación Tres Pesos, integrada por Felisa Segade, Xoán Porto e Xosé Antón Ferreira. 

A xornada do domingo

O domingo 23, a feira, para non solaparse coa manifestación convocada ás 12.00 horas na Alameda por Queremos Galego, abrirá ás súas portas ás 13.30 horas e a sesión vermú será ás 14.00 horas da man de Clo Plas, proxecto performativo de Berio Molina e Xiana Arias que mestura a oralidade da montaña de Lugo coa música experimental e o midi.

Xa pola tarde, ás 16.00 horas, celebrarase en Mazarelos o Quizz Rosaliano, un xogo para toda a familia arredor da figura de Rosalía de Castro. Rafa Fernández, Lara Dopazo e Iván Torres actuarán ás 17.00 horas tamén en Mazarelos coa súa proposta Rosalía de Castro, como cor de ouro pálido. Neste proxecto a poesía rosalianao serve de nexo de unión para a música a videocreación ao vivo e a poesía. 

O Colexio Maior de Santo Agostiño será o escenario escollido para o espectáculo A primavera vai chegar, un diálogo a tres voces con Faia Díaz, Paula Romero e Inés Salvado.

Esta proposta, que tamén implica a unión de poesía e música, desenvolverase en dúas quendas (16.00 e 17.15 h) entre as pedras de Santo Agostiño, por tratarse da antiga sede do Liceo no que participou Rosalía na súa mocidade.

A obra de teatro para o público familiar Rosalía, protagonizada por Rocío González e Cris Collazo baixo a dirección de Fina Calleja, poralle o ramo ao Festival Rosalía ás 18.30 horas no Teatro Principal.

Post navigation

Previous: A Ciencia e feminino
Next: Preservar a memoria da Barcala

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.