Compostela, 13 de setembro do 2023 – Desde mañá, e ata o domingo, Compostela acolle a sétima edición do Work On Sundey Festival, o WOS.

O WOS é un encontro multidisciplinar dedicado a promover e fomentar a música e a cultura de vangarda. Multipremiado desde os seus inicios, organiza en distintos espazos da cidade concertos e actividades de todo tipo. Un xeito tamén de destacar o valor patrimonial da cidade.
Serán 29 actuacións musicais con artistas procedentes dos cinco continentes e 15 paísses, desde Exipto ata India, pasando por Reino Unido, Portugal, Sierra Leona ou Australia, entre outros.Tres estreas mundiais e dezasete a nivel estatal formarán parte dunha programación que cada ano o converte nun dos festivais de referencia en Europa.

O WOS presentouse no Pazo de Raxoi coa presenza do delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia (Agadic), Jacobo Sutil; o Vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; a concelleira de Capital Cultural de Santiago, Míriam Louzao; a responsable de comunicación de Corporación Hijos de Rivera, Cecilia Babarro; e o director do festival, Iván Arias.
Aproveitando a cidade
Un dos aspectos máis salientables do festival son os escenarios elixidos para as actuacións, que porán en valor o patrimonio arquitectónico e cultural da cidade. A Igrexa da Universidade, o Teatro Principal, o Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), a sede Afundación, a Fundación Eugenio Granell, a sala de cinema NUMAX, o Parque de Bonaval e a sala Capitol serán sedes dunha edición que, como novidade, incorporará o complexo arquitectónico industrial da Fundación Laboral de la Construción, na que as súas naves transformaranse, na noite do sábado 16, nunha pista de baile.

Os artistas
Figuras internacionais de primeiro nivel chegarán a Compostela. Actress, Laurel Halo, Midori Takada e DjRUM, son a punta de lanza dun completo cartel. O británico Actress, nome imprescindible para comprender a evolución recente da música techno, presentará no WOS temas do EP Dummy Corporation (2022) e o seu último sinxelo, Push Power (2023).
Pola súa banda, a artista de culto Laurel Halo presentará ao vivo, da man da chelista norteamericana Leila Bordreuil, o seu novo traballo, nomeado Atlas (2023), unha proposta ambiental con influencia neoclásica.
As amantes do baile e das viaxes sonoras a través de xéneros e escenas gozarán da sesión nocturna do británico DjRUM, un dos mellores djs da década. E como broche dourado desta edición, e coas localidades esgotadas desde hai días, terá lugar a estrea mundial do novo espectáculo da lenda xaponesa da música ambient Midori Takada, Japan On Films (2023), proxecto que conta co apoio internacional de institucións tan prestixiosas coma o British Film Institute (BFI) e a Fundación Japón.
Croatian Amor, ABADIR, Lee Gamble, Malibu, Loraine James ou CORIN, por destacar só algúns nomes, son outras das figuras que formarán parte dun cartel que ofrecerá este ano tres estreas mundiais. Alén da xa mencionada Japan On Film (Live) de Midori Takada, o público gozará por vez primeira de Alex Aller & Margarida Mariño present Transmutation (Live AV) e Kosu Nes & Urok presents Itionomaxi (Live AV).
A escena local
O WOS Festival mantén o seu interese, desde 2016, pola escena local. Desde aquela primeira edición, na que procurou promover encontros e descubrir novos talentos, a súa aposta polo tecido creativo galego sempre estivo presente. Este ano o evento contará con artistas como Ivankovà, JUAIT, Alex Aller & Margarida Mariño, Akazie, Kosu Nes & Urok e MIL111.
Programación paralela de cinema e conversas
Ademais de propostas musicais, WOS Festival 2023 ofrecerá unha interesante programación paralela que incluirá dúas proxeccións documentais que terán na música o seu tema principal e que se poderán ver en NUMAX. CAN and Me (2022), un retrato íntimo de Irmn Schimidt, o fundador da banda CAN, que conta con materiais de arquivo e entrevistas para entender a súa figura; e Expedition Content (2020), na que será a súa estrea en España, unha peza que emprega material de arquivo sonoro de antropólogos estadounidenses e nativos Hubila, de Papúa Nova Guinea.
WOS proporá tamén, en aberto, un programa de conferencias sobre a escena electrónica. Por un lado, porá o foco sobre a escena galega, considerada unha das máis interesantes do territorio peninsular, a través das mesas redondas O son electrónico de Galicia: unha conversa interxeracional, na que abordarán a boa saúde actual do panorama máis próximo e as súas diferentes ramificacións polas catro provincias, mais tamén o camiño percorrido até o de agora.
Participarán artistas, colectivos, DJs e promotores. Pola outra, o festival contará cun panel que terá como protagonista a Aho Ssan. O músico, afincado en París, e que estreará Rhizomes en España no marco do WOS Festival, conversará sobre o seu proceso creativo co prestixioso xornalista musical Phil Bloomfield (Sónar Festival).
Programa Musical do WOS
Xoves 14, 21:00 horas (INAUGURACIÓN) | Teatro Principal
Laurel Halo presents Atlas (Live).
Venres 15, 18:30 horas | Igrexa da Universidade
Ivankovà (Live).
Venres 15, 20:00 horas | Teatro Principal
Shackleton & Zimpel with Siddhartha Belmannu and Pedro Maia (Live AV) present In The Cell Of Dreams (Live AV).
Venres 15, desde 22:00 horas | Sala Capitol
22:00h – Kosu Nes & Urok present Itionomaxi (Live AV).
23:00h – CORIN presents Lux Aeterna (Live AV).
00:00h – Iceboy Violet (Live).
01:00h – Actress (Live AV).
02:00h – Lee Gamble (Dj).
Sábado 16, 13:00 horas | Parque de Bonaval
13:00h – Marlene Ribeiro & Inês Malheiro (Live).
16:00h – Lamin Fofana (Dj).
18:00h – Akazie (Dj).
Sábado 16, 17:30 horas | Igrexa da Universidade
Patricia Wolf (Live).
Sábado 16, 18:00 horas | Fundación Eugenio Granell
18:00h – Loke Rahbek & Frederik Valentin (Live).
20:00h – Abadir (Live).
Sábado 16, 18:00 horas | Teatro Principal
18:00h – Alex Aller & Margarida Mariño present Trasmutation (Live AV).
20:00h – Aho Ssan & Sevi Iko Dømochevski present Rhizomes (Live AV).
Sábado 16, desde 22:00 horas | Fundación Laboral da Construción (FLC)
22:00h | Sala 2 – Heith ft. Declino (Live AV).
22:30h | Sala 1 – Bruce (Live).
23:00h | Sala 2 – Puce Mary (Live).
23:30h | Sala 1 – Croatian Amor (Live).
00:00h | Sala 2 – Loraine James presents Gentle Confrontation (Live AV).
00:30h | Sala 1 – JUAIT (Live).
01:00h | Sala 2 – object blue & Natalia Podgorska present Pearl Forest (Live AV).
01:30h | Sala 1 – Kia (Dj).
02:00h | Sala 2 – Black Rave Culture (Dj).
03:30h | Sala 1 DjRUM (Dj).
Domingo 17, 18:30 horas | Igrexa da Universidade
Malibu (Live).
Domingo 17, 20:00 horas (CLAUSURA) | Teatro Principal
Midori Takada presents Japan on Film (Live AV).
Programación Paralela
Cinema
Sábado 16, 16:00 horas | NUMAX
CAN and Me (2022), dirixida por Michael P. Aust e Tessa Knapp.
Domingo 17, 16:00 horas | NUMAX
Expedition Content (2020)*, dirixida por Ernst Karel e Veronika Kusumaryati. Estrea en España
Parladoiros
Venres 15, 16:00 horas | Auditorio do CGAC
O son electrónico de Galicia: unha conversa interxeracional (parte 1).
Participan: Akazie, Arkestra Discos, Dial Electrónico, Jelly, Modulartec, Peligro Club.
Moderan: Frankie Pizá e Víktor Flores.
Sábado 16, 13:00 horas | Sede Afundación
Conversación con Aho Saan.
Participan: Aho Ssan e Phil Bloomfield.
Sábado 16, 16:00 horas | Auditorio do CGAC
O son electrónico de Galicia: unha conversa interxeracional (parte 2).
Participan: Must Be On Wax, Neo2000Klub, RetroFuture, Russ, Sisters of Rave, TR3MOR.
Moderan: Frankie Pizá e Víktor Flores.