Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Compostela acollerá sesión informativas sobre dano cerebral

compostela-sesion-informativa-dano-cerebral-slide-3-outubro-2024_r

Compostela, 3 de outubro do 2024 – A Federación Galega de Dano Cerebral (Dano Cerebral Galicia) celebra en Santiago unha sesión informativa sobre ocio inclusivo e accesible.

Estás sesións están destinadas a persoas con dano cerebral adquirido, unha discapacidade causada fundamentalmente por ictus e traumatismos cranioencefálicos coa que conviven máis de 35.000 persoas no noso país.

A iniciativa procura concienciar a persoal das administracións públicas, empresas e profesionais da xestión cultural sobre as barreiras físicas, comunicativas, cognitivas, sensoriais e socioeconómicas que enfrontan as persoas con dano cerebral adquirido cando queren acceder ou participar nunha actividade lúdica ou cultural.

En estas sesións, persoal técnico e usuarias das asociacións da Federación achegarán a realidade do colectivo. O obxectivo é compartir recomendacións e exemplos de boas prácticas para eliminar os principais obstáculos que impiden ou condicionan a participación igualitaria no acceso e goce das programacións culturais, os produtos de entretemento e/ou as actividades de ocio.

Trátase de promover o deseño de actividades de ocio e programación cultural dirixidas a todas as persoas con medidas favorecedoras da inclusión de quen ten discapacidade e superar así o modelo predominante, tendente a organizar actividades específicas, dirixidas unicamente a persoas con discapacidade e, por tanto, segregadoras.

Ciclo de sesións

A sesión  de Santiago terá lugar o luns 7 de outubro, ás 10.30 h, na sede da asociación Sarela (Rúa de Pedro Cabezas González, 3). A asistencia é gratuíta pero, por cuestións de aforo, é necesario inscribirse previamente no seguinte formulario online: https://forms.office.com/e/XRP13JynA2

A actividade, que xa se celebrou en Lugo e tamén se realizará en Culleredo, Ourense e Vigo, forma parte dunha campaña de sensibilización xurdida no marco do “Proxecto Rumbo: cara a un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva” a partir da detección por parte do tecido asociativo de persoas e familias con dano cerebral adquirido da falta de coñecemento sobre a realidade do colectivo entre profesionais do sector cultural e operadores de ocio.

A intención última é superar o predominio dun concepto reducionista da accesibilidade, centrada no aspecto físico e no que as necesidades cognitivas non se atenden; e da perspectiva paternalista sobre a capacidade de decisión e escolla das persoas con discapacidade, aínda moi normalizada socialmente.

Proxecto Rumbo

O “Proxecto Rumbo: cara a un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva” é unha iniciativa colaborativa desenvolta entre distintas confederacións do terceiro sector da discapacidade (COCEMFE, ASPACE, Impulsa Igualdad, Daño Cerebral Estatal e AUTISMO ESPAÑA).

O obxectivo é impulsar o deseño de modelos innovadores de apoio á autonomía persoal e a vida independente de persoas con discapacidade, especialmente aquelas con maiores necesidades de apoios, mediante a combinación de servizos e recursos que poidan facilitar unha forma de vida inclusiva na sociedade en condicións de seguridade, accesibilidade e benestar. 

Este proxecto, que conta coa participación de 22 entidades destas confederacións repartidas en cinco comunidades autónomas, está financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, ligado  súa vez aos fondos Next Generation da Unión Europea.

Post navigation

Previous: A Mancomunidade de Ordes programa visitas guiadas ao seu territorio
Next: Brión pon en valor o seu patrimonio recuperando as fontes e lavadoiros de Boaventura e Alqueidón

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.