Compostela, 27 de marzo do 2020 – Un dos problemas que a crise xerou para moitas familias, en todos os concellos, foi a cancelación dos servizos de comedor.
Nos casos máis vulnerables o servizo de comedor alivia en boa medida os gastos e garante unha boa alimentación dos cativos. A pandemia deixou sen esta vantaxe a estes rapaces.
Compostela ven de resolver este problema cun servizo extraordinario de catering que busca garantir, durante o estado de alarma, a alimentación dos menores beneficiados polas bolsas de comedor, na modalidade de escaseza de recursos.
En Santiago o Departamento de Servizos Sociais púxose en contacto telefónico coas familias beneficiarias de estas bolsas e que este curso chegaban a 499 escolares. Se lles informou que o concello poñía á súa disposición un servizo de catering co que, a través dun contrato de emerxencia para tal fin, se garantía ese servizo de comedor.
A concelleira Noa Díaz explica que se trata dun servizo fundamental que tense que manter
O servizo estase prestando a un número aproximado de 265 nenos e nenas. As familias recollen os menús cociñados en liña fría, o luns e mércores de cada semana. Cada un deses días levan os menús consistentes nun primeiro prato, un segundo e sobremesa correspondentes aos días seguintes ata a nova recollida.
Polo de agora, a acollida desta iniciativa está a ser “moi boa”, segundo explica a concelleira de Educación, Noa Díaz, que quere agradecer tanto ás familias como ao persoal implicado a súa boa disposición no proceso de entrega, no que se garanten todas as medidas de seguridade requiridas polo COVID-19.