Compostela, 8 de marzo do 2024 – A Semana Santa de Compostela comezan este sábado as actividade de este ano co pregón na igrexa de San Domingos de Bonaval.
Miguel Ángel Sánchez del Río, especialista en educación musical e organista de San Miguel dos Agros, será o encargado de pronunciar o pregón da Semana santa de Compostela a partir das 7 da tarde.
A programación completa foi presentada nun acto no que participaron a presidenta da Xunta de Confrarías, María Elena Bernárdez, o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto, a concelleira de Turismo, Míriam Louzao e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil.
A Semana Santa e os desfiles procesionais, que terán lugar do 22 de marzo ao 7 de abril, virán precedidos de múltiples actos litúrxicos, gastronómicos, culturais e musicais na cidade. En canto ás procesións serán 14 as que percorrerán as rúas de Compostela, ás que se suma o exercicio do Santo Vía Crucis e a histórica procesión de traslado do Cristo da Paciencia de Conxo.
En este enlace tedes a programación completa
O programa inclúe as actividades culturais e exposicións que terán lugar durante estas semanas. Tamén destaca os concertos que se celebrarán dentro de “De Lugares e Órganos”, ciclo musical centrado no patrimonio organístico de Santiago. Ademais, inclúe os horarios de apertura de igrexas, algunha das cales abre excepcionalmente en Semana Santa.
Respecto da gastronomía, inclúese a celebración da Festa das Uñas de San Lázaro, que terá lugar do 16 ao 18 de marzo, e na que se pode degustar o tradicional prato de uñas en máis de vinte locais, tanto do barrio de San Lázaro como doutros barrios de Compostela.
Finalmente engádese unha proposta para amantes da natureza baixo o nome de “Santiago Natural”, recomendando en concreto a senda fluvial “O berce do Sar” con motivo das festas do barrio. Trátase dunha ruta de 5,5 kilómetros que atravesa de parte a parte o barrio de San Lázaro da cidade, seguindo o río Sar augas arriba, ata o seu nacemento.
O paseo permite coñecer o pasado e presente de Compostela, pasando a carón de antigos curtidoiros, vellos muíños e fontes que amosan os diferentes usos do río na antigüidade, e tamén de construcións máis modernas para facilitar o desenvolvemento urbano.