займ срочно

A Semana Santa de Compostela une a liturxia, a música e a festa

0

Compostela, 10 de marzo do 2023 – O concello de Santiago presentou a programación de Semana Santa na que os actos relixiosos coinciden no tempo cos culturais e festivos.

De esquerda a dereita, Sindo Guinarte, concelleiro de Turismo, Francis José Prieto, BIspo Auxiliar, e Luís Seoane, presidente Xunta de Confrarías.

Xunto ás dezaseis procesións, que forman o núcleo central da Semana Santa, veciños e visitantes poderán desfrutar do ciclo De Lugares e Órganos e da Festa das Uñas en San Lázaro. Un programa de actividades que nos últimos anos crece e serve de inicio ao comezo da tempada alta de turismo.

Unha Semana santa consolidada

A Semana Santa consolidouse no apartado relixioso nos últimos anos. O esforzo da Xunta de Confrarías dou a coñecer os actos mesmo na bisbarra, onde detectaron que existía un gran descoñecemento arredor dela.   

Seguindo a rotación por orde de antigüidade, o presente ano protagoniza o cartel e elixiu ao pregoeiro a Confraría da Esperanza. O bispo auxiliar de Santiago, monseñor Francisco José Prieto, foi o elixido para ese pregón, que terá lugar o domingo 26 de marzo ás 19 horas na Capela Xeral das Ánimas

Este ano serán dezaseis procesións, unha menos xa que o Arcebispado suspendeu á Confraría de estudantes despois de problemas internos que non conseguiron a renovación natural nos órganos de xestión.

Desde a Xunta de Confrarías matizase que en realidade son 14 as procesións que percorrerán as rúas da cidade, ás que se suma o exercicio do Santo Vía Crucis e a histórica procesión de traslado do Cristo da Paciencia de Conxo. O presidente, Luís Seoane, indicou que os desfiles non sofren variacións, salvo pequenas modificacións nos percorridos, que soamente afectan a unha ou dúas rúas da cidade.

Seoane destacou do pregoeiro que “é un apaixonado da Semana Santa, da que é un gran coñecedor xa que, ademais de vivila en Galicia, tivo a oportunidade de vivila en Zamora, cidade na que ten orixes familiares”. Á súa vez salientou que, desde a chegada do bispo auxiliar, a Xunta de Confrarías contou con toda a súa colaboración e axuda en todos os pasos que foron dando para pór en valor a Semana Santa compostelá.

Promoción turística

O concello en colaboración coa Xunta de Confrarías, editou un folleto que recolle tanto as celebracións relixiosas e litúrxicas como outro tipo de actividades dirixidas especialmente a tres perfís de turistas: culturais, gastronómicos e de natureza.

O folleto recolle a data, horario e percorrido das 16 procesións que se celebrarán na cidade, organizadas polas 11 confrarías existentes actualmente na cidade: Confraría das Dores, Orde Franciscana Segrar, Confraría da Esperanza, Confraría da Humildade, Confraría da Paciencia, Confraría da Vera Cruz, Confraría do Flaxelado, Confraría da Angustia, Confraría do Rosario, Confraría da Soidade, Confraría dos Irmáns.

O programa destaca os concertos que se celebrarán dentro de “De Lugares e Órganos”, ciclo musical centrado no patrimonio organístico de Santiago. Ademais, inclúense os horarios de apertura de Igrexas, algunha das cales abren especificamente en Semana Santa.

Respecto do Turismo Gastronómico, inclúense dúas propostas: por unha banda, a celebración da Festa das Uñas de San Lázaro, que ten lugar no Quinto Domingo de Coresma, antesala da Semana Santa, e durante á que se pode degustar o tradicional prato de Uñas; por outra banda, inclúe unha serie de suxestións de doces típicos de Santiago, e en especial destas datas.

Finalmente, inclúese por primeira vez unha nova proposta para os turistas amantes da natureza baixo o nome de “Santiago Natural”, recomendando un catálogo de oito sendas naturais accesibles andando desde a cidade, de curta e media duración e pouca ou ningunha dificultade, pensadas para realizar nun par de horas ou medio día como máximo, coa idea de poñer valor a proximidade e profunda relación do centro urbano de Santiago coa súa contorna natural.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies