займ срочно

Segunda edición do XeneraSon Rock no Monte do Gozo

0

Compostela, 2 de xuño do 2023 – Do 10 de xuño ata o 24 de setembro celebrase de novo o festival Go!Go!Zo! con distintas actividades entre as que destaca a segunda edición do XeneraSon Rock.

A organización XeneraSon explica que “A diferencia da anterior, este ano abrimos o abano de posibilidades e pode participar calquera banda novel, coa única condición de que non teña contrato cun selo discográfico”.

As reservas, cun custo de 25 € por integrante da banda, deberanse formalizar a través de www.gogozo.gal antes do 15 de xuño. O repertorio deberá incluír cancións en galego, versións de grandes éxitos e composicións propias, que se interpretarán nunha actuación de 20 minutos e un máximo de 4 temas.

O II XeneraSon Rock desenvolverase en dúas fases: as semifinais (os días 23, 24 e 25 de xuño) e a final (o 15 de xullo). Un xurado profesional será o encargado de valorar as actuacións pasando á última fase 6 bandas. Desas 6, dúas serán as gañadoras e, como premio, poderán gravar un EP nun estudo profesional e actuar en dous dos festivais estivais de referencia en Galicia.

XeneraSon Camp

Outra das grandes novidades será o desenvolvemento do XeneraSon Camp. Trátase dunha iniciativa transfronteiriza inédita que permitirá a mozos e mozas de Galicia participar nunha formación inmersiva dunha semana de duración na Escola do Rock Paredes de Coura.

Esta colaboración entre o festival e o centro formativo luso, supón unha rebaixa no prezo desta proposta, que é de 165 € e inclúe todo (desprazamentos, manutención, formación e actividades complementarias). “Agardamos que este novidoso proxecto sirva para que a nosa mocidade se anime a aprender máis sobre o eido musical da man de grandes profesionais, como os da Escola do Rock Paredes de Coura”, afirman desde a organización.

O campamento formativo desenvolverase entre os días 16 e 22 de xullo, incluíndo diversos concertos nos que os mozos e as mozas participantes poderán aplicar todo o aprendido en rigoroso directo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies