займ срочно

Compostela acollerá o 23 a II Andaina Solidaria contra o Cancro

0

Compostela, 11 de setembro do 2023 – O concello de Santiago acollerá o vindeiro día 23 a segunda edición da Andaina Solidaria que organiza a delegación santiaguesa da Asociación Española contra o Cancro.

Esta andaina terá lugar a partir das dez da mañá na Alameda. No mesmo espazo celebrarase ao tempo a feira divulgativa Ciencia para todos para conmemorar o Día Mundial da Investigación Contra o Cancro.

As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 22 de setembro e todos os fondos recadados destinaranse a apoiar a investigación en cancro e os pacientes e as súas familias.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, acompañada polo presidente da Asociación Española Contra o Cancro en Santiago, Francisco Pais, presentou hoxe a II edición da Andaina Solidaria Santiago de Compostela En Marcha Contra o Cancro que terá lugar o vindeiro 23 de setembro a partir das 10:00h na Alameda.

Inscricións abertas

As inscricións para a andaina poden facerse na páxina web da entidade e na sede da Asociación en Santiago (Avda. Barcelona, 29, baixo) de luns a venres entre as 9:00 e as 15:00 horas. Tamén é posible a inscrición no departamento de deportes do Corte Inglés (Rúa Restollal, 50) en horario de 10:00 a 22:00 de luns a sábado. A inscrición estará aberta ata o próximo 22 de setembro ás 15:00 horas. Ademais, o propio día do evento será posible apuntarse de forma presencial ata unha hora antes do comezo do evento na propia Alameda.

O custo da inscrición é de 10 euros para os adultos, e 5 euros para os menores de 12 anos. Ademais, aqueles que non poidan participar, pero estean interesados en colaborar, poden realizar a súa achega a través de Bizum —no 06505— ou na conta do Banco Santander con IBAN ES54 0049 0007 2326 1212 4606 incluíndo o concepto “CONTRAELCANCER SANTIAGO”.

Percorrido

O percorrido da andaina, de 5 quilómetros, será circular, con saída e meta no paseo central da Alameda compostelá. Discorrerá polo paseo da Ferradura, a avenida de Compostela, a avenida das Burgas, a avenida do Profesor Legaz Lagambra e a avenida de Antonio Raimundo Ibáñez antes de regresar ao emblemático parque. O circuíto completarase dúas veces.

Os inscritos recibirán a camiseta oficial da andaina e un dorsal personalizable para escribir unha dedicatoria. Quen se inscriba a través da web ou na sede local poderán recollelos na Asociación, e os que o fagan no Corte Inglés teranos á súa disposición no propio establecemento.

Colaboración municipal

María Rozas animou a toda a veciñanza a participar na andaina, e agradeceu o traballo da Asociación Española contra o Cancro “polo seu inmenso traballo en apoio ás persoas doentes de cancro e ás súas familias, chegando a onde moitas veces non chegan as administracións públicas, ainda que deberan”. Salientou tamén o seu esforzo no impulso de iniciativas para a sensibilización, a prevención e a detección precoz do cancro, así como para a investigación. Nesa liña, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais mostrou o seu desexo de que “este traballo da AECC vaia acompañado polo esforzo das administracións públicos, e polos recursos necesarios para garantir máis investigación e a mellor das atencións en tempo e forma aos pacientes oncolóxicos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies