Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

O Santiago(é)tapas celebrarase en febreiro

A XV edición do Santiago(é)tapas cambia de datas e celebrarase no vindeiro mes de febreiro logo de axudar a potenciar a desestacionalización en novembro.
compostela-santiago-e-tapas-slide-16-novembro-2023_r

Compostela, 16 de novembro do 2023 – A XV edición do Santiago(é)tapas cambia de datas e celebrarase no vindeiro mes de febreiro logo de axudar a potenciar a desestacionalización en novembro.

A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, a presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, foron as encargadas de presentar a XV edición do concurso Santiago(é)tapas.

O concurso de tapas de Santiago terá lugar do 15 de febreiro ao 3 de marzo. As primeiras edicións celebráronse na primeira quincena de xullo, xa que hai quince anos o sector consideraba que nesas datas non había suficiente actividade na cidade.

Nos últimos anos Santiago(é)tapas pasou a celebrarse no mes de novembro, co obxectivo de colaborar na desestacionalización turística da cidade neste mes de tempada baixa. Sen embargo, nas dúas últimas edicións, tras o coronavirus e coa reactivación do sector, o concurso sufriu un estancamento no número de establecementos participantes debido a que teñen un volume de actividade importante.

A concelleira Míriam Louzao destacou que “a razón fundamental deste cambio é positiva para Compostela. O cambio é debido a que os estabelecementos da cidade teñen agora no mes de novembro unha actividade moito máis forte da que tiñan hai uns anos, polo que entendemos que o concurso xa cumpriu a súa función neste mes”.

Pola súa banda, Flavia Ramil, apuntou que xa está aberto o periodo de inscrición do concurso, que rematará o 10 de xaneiro, dando practicamente dous meses de prazo que os estabelecementos do concello teñan tempo suficiente para pensar con calma as súas tapas.

Sara Santos, indicou que a Asociación ten como obxectivo “involucrar o máis posible a todo o sector hostaleiro. Ademais, tendo en conta o cambio de hábitos da clientela nestes anos que fixo que moitas cafeterías e locais se centren actualmente en almorzos, brunchs e merendas ou o chamado tardeo, imos darlle máis protagonismo ás propostas doces, co Premio á Tapa + Doce e un novo roteiro que percorra eses locais, convencidos de que dará a oportunidade de presentar propostas moi interesantes e abrirá o concurso a un público máis familiar”.

Post navigation

Previous: A axuda á dependencia preocupa en Dodro en na contorna
Next: “Andaina do Terror” en Brión

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.