Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Santiago (é) Tapas colle ritmo

Santiago-e-tapas-2025-slide-20-xaneiro-2025-07-16-45_r

Compostela, 20 de xaneiro do 2025 – Santiago (é) Tapas está levando a cabo as primeiras probas coa participación dos locais anotados para a edición que se celebrará o vindeiro mes.

Serán 43 locais, 3 máis que o ano pasado o que da idea do interese da hostalería polo concurso. Na presentación do  das probas do Santiago (é) Tapas aos medios de comunicación participou Jorge Gago que rexenta A Maceta e O Testo, dous locais ven coñecidos polo afeccionados á gastronomía.

As probas celébranse na aula gastronómica da Praza de Abastos. Ali estiveron a concelleira de Turismo, Miriam Louzao, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil. Tamén asistiron representantes doutras entidades e empresas colaboradoras do concurso como o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), Martín Alemparte; a xerente da Praza de Abastos, Marta Rey; Guillermo Fernández, de Hijos de Rivera; Bruno Hermida, de Cafés Dromedario; Alberto García, de Ponte da Boga; e Nuria Colmenero, da asociación de persoas celíacas de Galicia (ACEGA). Ademais, tamén asistiron os  profesores do CIFP Compostela, Xosé Quintáns e Gonzalo Salgueiros, encargados da preselección das tapas.

Miriam Louzao destacou que este ano o concurso volve a celebrarse na segunda quincena de febreiro, logo dos bos resultados que se obtiveron o ano pasado. Segundo dixo a concelleira, “continuamos coa nosa aposta clara pola desestacionalización, co obxectivo de dinamizar o sector no mes de menor movemento na cidade”.

Produto galego de proximidade

Nesta edición, o concurso fai unha aposta aínda máis decidida polo produto galego de proximidade. E precisamente por este motivo, o Mercado de Abastos de Santiago adquire un protagonismo especial, reforzándose como colaborador e acollendo por primeira vez a proba de preselección das tapas.

O XVI Santiago(é)Tapas, que se celebrará do 13 de febreiro ao 2 de marzo, volve a contar un ano máis como patrocinador principal coa empresa Hijos de Rivera, a través das súas marcas Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá. Repetirán tamén como empresas e entidades colaboradoras, ademais do Mercado de Abastos; Cash Record, Cafés Dromedario, ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galicia) e Utimaq.

Ademais, cómpre destacar o compromiso de AGACAL, que se consolida como un dos principais puntais do concurso, polas súas achegas de agasallos de produtos galegos de calidade contrastada (DOP, IXP e produtos ecolóxicos) e de Experiencias de Calidade, tanto para os locais como para o público participantes.

Post navigation

Previous: O máis lido de Lindeiros do 6 ó 11 de xaneiro
Next: Incendio na planta de reciclaxe de Lousame

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.