Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Santiago(é)Tapas celebrarase en febreiro e abrirá as inscricións o 4 de novembro

Santiago-e-tapas-final-slide_r

Compostela, 25 de outubro do 2024 – Tras os bos resultados co cambio de datas de novembro a primeiros de ano do Santiago(é)Tapas, en febreiro do 2025 celebrarase a XVI edición do concurso.

En realidade a inscrición para participar abrirase o vindeiro 4 de novembro. Todos os profesionais que queiran entrar terán a porta na web Santiagoetapas.gal . O certame como tal comezará o 13 de febreiro e durará ata o 2 de marzo. Antes tempo para deseñar a tapa e unha preselección feita por profesionais.

O motivo do cambio aos primeiros meses do ano estivo obrigado polo aumento da actividade no mes de novembro. O esforzo desde hai uns anos por desestacionalizar as visitas á cidade acabou por dar os seus froitos e hoxe o outono é unha boa época para a hostalería polo que participar no concurso convertíase en algo complicado.

O número de tapas consumidas na pasada edición (preto de 25.000), a primeira que se celebrou en febreiro, viñeron a corroborar o acerto do cambio de datas. Algo moi relevante por producirse nun mes baixo de actividade no sector e, ademais, porque o 40% do consumo foi de persoas que non residen en Compostela.

Prazo de inscrición

O vindeiro 4 novembro comezará o período de inscrición para o XVI Santiago(é)Tapas. Os establecementos de hostalaría interesados en participar disporán ata o 8 de xaneiro de 2025 para poder inscribirse, contando así con dous meses para pensar con calma as súas propostas.

Tanto as bases do concurso como a folla de inscrición estarán á súa disposición na páxina web santiagoetapas.gal. Poderán participar no concurso todos aqueles locais de hostalaría situados no termo municipal de Santiago de Compostela que o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas.Santiago(é)Tapas celebrarase en febreiro e abrirá as inscricións o 4 de novembro

Compostela, 25 de outubro do 2024 – Tras os bos resultados co cambio de datas de novembro a primeiros de ano do Santiago(é)Tapas, en febreiro do 2025 celebrarase a XVI edición do concurso.

En realidade a inscrición para participar abrirase o vindeiro 4 de novembro. Todos os profesionais que queiran entrar terán a porta na web Santiagoetapas.gal . O certame como tal comezará o 13 de febreiro e durará ata o 2 de marzo. Antes tempo para deseñar a tapa e unha preselección feita por profesionais.

O motivo do cambio aos primeiros meses do ano estivo obrigado polo aumento da actividade no mes de novembro. O esforzo desde hai uns anos por desestacionalizar as visitas á cidade acabou por dar os seus froitos e hoxe o outono é unha boa época para a hostalería polo que participar no concurso convertíase en algo complicado.

O número de tapas consumidas na pasada edición (preto de 25.000), a primeira que se celebrou en febreiro, viñeron a corroborar o acerto do cambio de datas. Algo moi relevante por producirse nun mes baixo de actividade no sector e, ademais, porque o 40% do consumo foi de persoas que non residen en Compostela.

Prazo de inscrición

O vindeiro 4 novembro comezará o período de inscrición para o XVI Santiago(é)Tapas. Os establecementos de hostalaría interesados en participar disporán ata o 8 de xaneiro de 2025 para poder inscribirse, contando así con dous meses para pensar con calma as súas propostas.

Tanto as bases do concurso como a folla de inscrición estarán á súa disposición na páxina web santiagoetapas.gal. Poderán participar no concurso todos aqueles locais de hostalaría situados no termo municipal de Santiago de Compostela que o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas.

Post navigation

Previous: A Fundación Granell celebrará o maratón de lectura anual o 27 de novembro
Next: Acordo para a mellora das infraestruturas educativas de Brión

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.