займ срочно

Comeza Santiago(é)tapas con novas rutas e votos sen papel

0

Compostela, 27 de outubro do 2022 – Hoxe comeza o XIV Santiago(é)Tapas, baixo o lema de ‘Toleamos por (é)Tapas’ e con novas rutas e votación online que elimina o papel.

Buscando un concurso máis sostible, Hostalería Compostela implementou un sistema por códigos QR que elimina todo o papel que se usaba para as votacións no Santiago(é)Tapas.

A pasada noite comezaba tamén o Santiago(é)Cóctel no que participan 35 combinados. O Pub Atlántico, gañador da edición anterior, acolleu un acto con presenza de concelleiros e membros da organización e de Santiago Turismo.

Novidades

Como novidade nesta edición creáronse dúas rutas extra, que se suman á Ruta Veggie, con opcións para persoas vexetarianas, veganas ou flexitarianas, que xa se puxera en marcha no 2021. Estas son a Ruta sen glute, para que poidan completar as persoas celíacas, e a Ruta Pet-friendly, formada polos locais que permiten acceder con mascotas. Entre todas as persoas que consuman dez tapas nalgunha destas tres rutas realizaranse tres sorteos: unha cesta de produtos da horta do Mercado de Abastos, unha cesta de produtos sen glute da Asociación de Celíacos de Galicia e un plan vacinal anual completo para unha mascota máis un regalo sorpresa de Can Cat.

As tapas dividiranse en dúas modalidades: tradicional e creativa, ambas cun prezo de entre 2 e 4 euros. Entre todas os petiscos presentados outorgaranse, mediante o voto ponderado do xurado profesional e do público, un premio á mellor tapa creativa e un premio á mellor tapa tradicional, dotados con 1.000 euros cada un; e un premio á mellor tapa maridada con viño e á mellor tapa maridada con cervexa, dotados con 500 euros cada un. A Asociación de Celíacos de Galicia entregará tamén un premio á Mellor Tapa sen Glute. Ademais haberá dous premios do público, á tapa creativa e á tapa tradicional, dotados con 700 euros cada un.

Agasallos directos e sorteos

Neste XIV Santiago(é)Tapas establecéronse seis rutas ou (é)tapas que se poden consultar tanto na páxina web santiagoetapas.gal como no Tapasporte, á disposición desde o xoves nos locais participantes, na Oficina de Turismo de Santiago, na Rúa do Vilar, e na sede de Asociación Hostalaría Compostela, na Rúa Salvadas, 29.

As persoas que vaian completando as diferentes (é)tapas -conseguindo os selos dos locais participantes no Tapasporte cando consuman unha tapa- gañarán diferentes agasallos. Os premios, que poden consultarse na web santiagoetapas.gal, inclúen entradas para o festival de cine Cineuropa, o mandil oficial do concurso, botellas de viño e de Áncora de Silleiro, vales para o Mercado de Abastos, abonos para o Obradoiro CAB e a SD Compostela e unha cea en A Maceta, local gañador da edición anterior do concurso.

Ademais, sortearase unha cea para dúas persoas no restaurante A Horta D’Obradoiro, por cortesía de Cervezas Alhambra, entre todos aqueles que emitan o seu voto nos códigos QR habilitados para tal fin nos locais participantes.

O XIV Santiago(é)Tapas volve a contar un ano máis co apoio de Cervezas Alhambra, en liña coa filosofía da marca que considera o tempo coma un ingrediente esencial á hora de elaborar as cousas que merecen a pena, como a boa gastronomía.

Tamén colaboran nesta edición Cash Record, Banco Sabadell, Utimaq, a Asociación de Celíacos de Galicia, Monbus Obradoiro CAB, SD Compostela, o festival Cineuropa e Renfe.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies