займ срочно

Compostela estuda sancións polas obras de Concheiros e Vidán

0

Compostela, 2 de xaneiro do 2022 – A Xunta de Goberno Local de Santiago decidiu iniciar o estudo de sancións polos retrasos nas obras de Concheiros e da ponte de Vidán.

As posibles sancións, no caso de Concheiros, “é compatible coa continuidade da obra” segundo indicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, O alcalde explicou que agora será preciso que o director facultativo, en tanto que responsable do contrato, realice o informe correspondente, que lle será comunicado á UTE contratista para que nun prazo de 10 días hábiles presente alegacións. “Unha vez presentada a contestación, emitirase un novo informe e en base a el ditarase a resolución que proceda”

Según BUgallo “Hai dous escenarios posibles, a rescisión do contrato e a continuidade. Nós apostamos pola continuidade, porque cremos que a rescisión sería enormemente prexudicial para os veciños, daría lugar á paralización da obra e a unha nova licitación”.

“Algo similar sucede coa obra da Ponte de Vidán”, engadiu. Neste caso “convalídanse as actuacións realizadas, requírese a continuidade da obra e o seu remate o antes posible”. O responsable do contrato deberá tamén emitir un informe no que de maneira xustificada analice os retrasos na execución do contrato respecto dos prazos totais e parciais para os efectos da determinación da posible apertura dun procedemento de imposición de penalidades.

Pavimentación de viarios

A Xunta de Goberno aprobou tamén o proxecto construtivo da obra de pavimentación de viarios secundarios en Verdía, Marantes, A Gracia, Marrozos, Sabugueira, Villestro, A Curuxeira e Aríns por orzamento total de 117.992,47 euros e un prazo de execución de 4 meses. Unhas obras incluídas no POS+ Adicional 2/2021 da Deputación da Coruña.

En materia de acción social, acordouse, un ano máis, a adhesión ao convenio de colaboración subscrito entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) en virtude do cal se financian con 533.969,92 euros actividades da UMAD.

No ámbito das subvencións, á vista da liña subvencionable en materia de biorresiduos para as entidades municipais relativa a proxectos de implantación, ampliación ou mellora da recollida separada de biorresiduos destinados a instalacións específicas de tratamento biolóxico (compostaxe e/ou dixestión anaerobia) e unha vez constatado que se axusta perfectamente á política ambiental planificada polo Concello de Santiago, acórdase solicitar a axuda convocada ao abeiro da Orde 30 de novembro de 2021 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda por un importe máximo subvencionable de 65.775,60 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies