Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

Compostela sanciona a EULEN `pola “espantada” dos CSC

A Xunta de Goberno Local de Compostela inicia un proceso que aínda pode ser recorrido

Centro Socio Cultural de Santa Marta, un dos moitos que EULEN renunciou a xestionar

CC. Sta. Marta

Compostela, 26/05/2026 – O abandono do proceso de contratación do lote III dos Centros socioculturais de Santiago pode ter consecuencias para a empresa EULEN. O Goberno Municipal aprobou na Xunta de Goberno Local de este luns una penalización de unha penalización de 49.169,40 euros.

Esta decisión pode ser recorrida pola empresa. Lindeiros preguntou á voceira Miriam Louzao sobre a posibilidade de que esta sanción impida que EULEN participe no último lote dos csc que falta por adxudicar (bibliotecas) ao que respondeu que “tratase do inicio dun proceso que pode aínda ser recorrido e polo tanto non se pode avanzar que outras medidas se poden, ou non, tomar ata que este sexa definitivo”.

Melloras no Verónica Boquete

Louzao tamén deu conta da licitación por 1,3 millóns de euros obras de mellora do Estadio Verónica Boquete. Esta obras corresponden á fase tres do estudo integral de patoloxías deste equipamento realizado en 2019, que se completan coas detectadas posteriormente.

A portavoz municipal concretou que a intervención inclúe a reparación das fachadas, as cubertas e os soportais do edificio e tamén substituirá o falso teito da cafetería e as carpinterías do muro-cortina da porta 1.

“O complexo sufriu desde o inicio deficiencias estruturais que empeoraron cos 30 anos que leva en funcionamento”, sinalou Míriam Louzao, e lembrou que “no inicio deste mandato realizouse unha avaliación de necesidades globais, tendo en conta as patoloxías do edificio, mais tamén as melloras relacionadas coa súa función deportiva”. Como resultado desta análise, estimouse necesario un investimento de algo máis de 9,3 millóns de euros que, “evidentemente, é imposible abordar nun prazo curto e sen a colaboración doutras administracións, tal como ocorreu cando se construíu”, engadiu.

Renovación da rede de abastecemento na rúa da Mira

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou o expediente para licitar por procedemento aberto simplificado a renovación da rede de abastecemento na zona da rúa da Mira, en Amio. O orzamento base de licitación ascende a 126.959,64 € (IVE incluído) e ten un prazo de execución de catro meses.

Este proxecto está incluído no plan de actuacións para minimizar as perdas de auga, que sinalou este ámbito como prioritario polas roturas recorrentes das tubaxes de fibrocemento.

O proxecto, que foi aprobado o 22 de decembro, muda 711 metros da rede de abastecemento na rúa onde máis roturas se producen. É a primeira fase dunha intervención que afectará máis rúas da zona de Amio para a que xa están encargados os proxectos correspondentes.

Esta obra instalará uns novos condutos de fundición de 100 mm de diámetro en paralelo cos actuais, de fibrocemento e cun diámetro de 80 mm, separándose deles entre 50 cm e un metro e a unha profundidade dun metro. Colocaranse tamén varios baypass para minimizar os cortes de subministración durante a obra.

Xurado do Premio internacional Compostela para álbums ilustrados

Na sesión ordinaria deste luns, a Xunta de Goberno aprobou tamén a composición do xurado da XIX edición do Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, que presidirá a alcaldesa e cuxa secretaría exercerá a técnica do Departamento de Educación, Beatriz Varela.

Como vogais, atendendo a criterios de traxectoria profesional no mundo da ilustración, do deseño e da literatura infantil e xuvenil, formarán parte deste xurado Xosé Cobas, Mercé Gali, Yara Kono, José Luis Polanco e Manuela Rodríguez. O fallo do xurado darase a coñecer na segunda quincena de xuño e o premio entregarase en novembro.

Solicitude de subvención

Tamén se acordou solicitar unha axuda para o material publicitario da Semana Santa de Santiago ao abeiro da convocatoria de subvencións da Axencia de Turismo de Galicia para a promoción e difusión destas festas, declaradas de interese turístico galego. O gasto total incluído na solicitude é de 5.956,89 e o máximo da axuda por localidade é de 4.000 euros. A solicitude permite tamén acollerse ao convenio marco asinado entre a Axencia de Turismo de Galicia e Abanca polo que esta entidade financeira achega un máximo doutros 1.500,00 euros.

Post navigation

Previous: A Santa Minia de Brión declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia
Next: Obradoiro de produción musical e laboratorio sonoro na Escola de Música de Compostela

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.