Conversas, 2 de outubro do 2023 – A autora Fátima Delgado e a directora Jana Pacheco estrearán o vindeiro venres Run Baby Run na sede do CDG, O Salón Teatro de Compostela.
Falamos con Fátima mentres apura os últimos ensaios da obra en Madrid. Run Baby Run chegará ao Teatro Español da Capital do 22 de febreiro ao 24 de marzo. A obra trata o tema da desigualdade de xénero no deporte. Unha atleta de alta competición prepárase para uns xogos olímpicos cando algo inesperado frea de golpe as súas aspiracións.
Run Baby Run contou con apoios do Centro Dramático Galego, Meninas Teatro e o Teatro Español; trátase dunha produción coral que nace a cabalo entre Compostela e Madrid. O certo é que o teatro galego está cada vez máis presente na Capital, o vimos con Chévere, Esther Carrodeaugas estará en outubro con Iribarne e Run Baby Run chegará en febreiro
A temática da discriminación da muller no deporte é o eixe central da obra pero o certo é que a peza leva xa algúns anos de preparación pero a estrea coincide con toda a polémica do mundial de fútbol feminino.
Pese a todo o sucedido resulta curioso ver como aínda moita xente se sorprende de que este tipo de discriminacións se produzan e moito máis cando se lles explica de que xeito pasan
Ao fío da resposta preguntámoslle a Fátima Delgado si ela, durante o traballo de documentación para escribir Run Baby Run, tamén se viu sorprendida polo que ia atopando. A resposta non pode ser máis interesante xa que coloca o tema na verdadeira discriminación, cando un home ten unhas características biolóxicas superiores ao resto nunca é investigado.
O teatro, o escenario, non é un lugar doado para adaptar unha peza que fala de deporte. Preguntamos pola posta en escena e esa dificultade de plasmar o atletismo sobre as táboas. A directora, Jana Pacheco, é especialista en dramaturxia visual e gañou un premio TEA (Toledo Escena Abierta); contou ademais coa colaboración do escenógrafo Alessio Meloni, gañador dun Max e un Godot
Cada vez que falamos cun músico, un director dun festival ou, como é o caso, cunha dramaturga aproveitamos para preguntar polo incrible momento que vive a cultura en Galicia.
Run Baby Run estará do 6 ao 8 de este mes de outubro no Salón Teatro de Compostela. O elenco de actores é de primeiro nivel con Alba Loureiro, Camila Bossa, Celina Fernández Ponte e Daniel Méndez.
Fátima Delgado leva moito tempo traballando nunha peza sobre un tema que se puxo este verán de actualidade pero que leva anos sucedendo. A discriminación da muller no deporte é unha máis que sumar a outras moitas discriminacións. O teatro unha vez máis conéctanos coa realidade e invítanos a reflexionar, non perdamos a oportunidade de facelo.