Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A Rúa García Lorca de Compostela será reurbanizada despois de anos de espera

compostela reurbanizacion garcia lorca SLIDE 2 xullo 2025

Mellorar a accesibilidade, incorporar zonas verdes e carrís bici son algunhas das melloras que terá García Lorca tras unha obra cunha duración prevista de 16 meses.

É unha de esas obras pendentes na cidade desde hai tempo, unha reurbanización costosa e complexa que levara case ano e medio, se non hai retrasos, pero que mellorará non só a rúa se non todo o entorno de García Lorca.

O concelleiro de Vías e Obras, Xesús Domínguez, compareceu en rolda de prensa acompañado do xefe do servizo, Antonio Ranedo, para explicar a obra. Trátase dunha actuación que busca recuperar un espazo público deteriorado e transformalo nun lugar accesible, seguro e pensado para a vida das persoas.

A Xunta de Goberno Local deste luns adxudicou esta obra á empresa MOVIMIENTOS DE ÁRIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA SL (MARCONSA) por un importe de 1.082.727,54 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de 16 meses.

Este proxecto ten a súa orixe en 2022, mais cando a obra de García Lorca foi finalmente adxudicada, detectouse que os prezos estaban xa desfasados debido ao incremento xeralizado dos custos de construción despois da pandemia da covid-19.

O goberno local viuse obrigado rescindir o contrato e reformular o proxecto, explicou o concelleiro. En outubro de 2024 a Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto reformado, que actualiza os prezos ao mercado actual e revisa técnicamente o documento inicial. En decembro de 2024 iniciouse unha nova licitación. “Sabemos que é un proxecto esperado”, defendeu Xesús Domínguez.

Esta zona urbana mantense practicamente igual desde a súa creación na década dos 70, con múltiples carencias: baldosas levantadas ou directamente ausentes, deficiencias graves na iluminación, espazos verdes pechados de forma anárquica, e percorridos peonís descontinuos ou mal resoltos, especialmente prexudiciais para persoas con mobilidade reducida.

Por petición da veciñanza, manterase a posibilidade de aparcamento, mais se incorpora tamén unha actuación de incremento do verde, co obxectivo fundamental de incrementar a calidade urbana e a calidade de vida da veciñanza.

Para conseguir esa calidade en García Lorca potenciaranse os percorridos peonís lonxitudinais e transversais, garantindo a continuidade das beirarrúas, así como a construción de 5 pasos de peóns elevados; reubicaranse os elementos que obstaculizan o paso nas zonas peonís;  renovaranse firmes e pavimentos deteriorados; crearase novo espazo público de calidade, con zonas de estancia e relación; e levarase a cabo a reforma íntegra das instalacións urbanas, segundo o proxecto técnico do enxeñeiro Andrés Figueiras Nogueira.

Post navigation

Previous: Compostela acolle as II Xornadas de Frauta de Galicia
Next: Teo restaura o cruceiro de Freixeiro

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.