Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Xunta e concello de Santiago acercan posturas sobre a zona residencial tensionada

Grupo de vivendas en Compostela

O concello de Santiago critica que o requirimento de emenda da petición non fora acompañada de informes técnicos e só contara coa sinatura do Director Xeral do IGVS.

A reunión mantida este mediodía entre o concello de Santiago e técnicos do IGV acudiu o concelleiro Iago Lestegas e dous técnicos municipais. O encontro deixa un escenario máis favorable á declaración de zona residencial tensionada aínda que desde o concello critícase o xeito de proceder co expediente. deixa un escenario máis favorable á declaración de zona residencial tensionada aínda que desde o concello critícase o xeito de proceder co expediente.

Nun comunicado emitido polo concello de Santiago informase de que o IGVS recoñece que en Compostela se dan as características para a declaración. O concello destaca que no expediente tramitado o requirimento de emenda non vai acompañado de informes e só está asinado polo Director Xeral do IGVS polo que consideran que “recolle a súa visión”.

Baseándose en esto o concello presentará nos próximos días un recurso de reposición para que o IGVS retrotraia o procedemento, pois considera que a tramitación non foi adecuada e non procedía dalos por desistidos.

Pero o concello de Santiago buscará tamén unha mellor situación adaptando a memoria xustificativa e o proxecto de plan de medidas correctoras para axustala ás esixencias do IGVS. O concello considera que non sería necesario, xa que esas peticións non estaban fundamentadas, pero buscará deste xeito a declaración de zona residencial tensionada.

Santiago eliminará da memoria os datos non oficiais, deixando só os oficiais que xa constaban na documentación; incorporará datos reclamados polo director xeral do IGVS aínda que insisten en que non son legalmente esixibles (antigüidade e estado do parque inmobiliario, número de transaccións inmobiliaras, etc) e concretará máis o alcance de algunhas das medidas correctoras propostas.

Unha situación na que ambas as dúas administracións manteñen as súas posturas inicias pero facilitan un camiño que permita a declaración de zona residencial tensionada.

Post navigation

Previous: Pleno extraordinario en Teo sobre o estado do concello
Next: Na procura da calma artificial

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.