Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Compostela aposta por un plan supramunicipal de mobilidade

commpostela-taxis-o-pino-slide-21-agosto-2024_r

Compostela, 21 de agosto do 2024 – O concello de Santiago cre que os problemas de transporte dos concellos limítrofes teñen que abordarse nun plan supramunicipal que recolla todas as demandas.

Nunha reunión co colectivo de taxista do Pino, que reclaman poder traballar no aeroporto Rosalía de Castro, a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, explicou que estas peticións deben ser estudadas no marco dun plan supramunicipal que inclúa todas as necesidades de transporte e mobilidade dos concellos limítrofes con Santiago, como por exemplo as de Teo e de Ames.

A alcaldesa, que estivo acompañada polo concelleiro Xan Duro, explicou que estas peticións deberían tratarse nunha reflexión máis ampla xeograficamente, dando cabida a outras demandas de mobilidade procedentes de toda a área metropolitana e que, ademais, deben contar co impulso da Administración autonómica.

Goretti Sanmartín e Xan Duro lembráronlle aos taxistas do Pino que neste momento o Concello de Santiago de Compostela está pendente de que a Xunta de Galicia emita o informe relativo á solicitude da ampliación dun 20% máis de licenzas de taxi para atender as necesidades da cidade e do termo municipal.

Cabe lembrar que nesta solicitude tamén se incluía a petición de que a Xunta promova a modificación lexislativa que permita as licenzas temporais, para atender as necesidades puntuais en tempadas de grande afluencia de visitantes.

Post navigation

Previous: XXIII edición do Concurso Morfolóxico Cabalar do Concello de Teo
Next: Boqueixón investirá 100.000 € na mellora da EDAR de Pousada

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.