Compostela, 14 de xuño do 2024 – A Plataforma das Asociacións de Veciños de Santiago contra a Contaminación Acústica segue demandando medida para paliar o ruído en Compostela.
A Plataforma reuniuse o pasado mércores cos concelleiros de Urbanismo e de Mobilidade e Convivencia, Iago Lestegás e Xan Duro, aos que lle expresaron polo aumento do ruñido na cidade en xeral en nas zonas xa saturadas en particular.
Entre os temas tratados falouse da necesidade de que o Concello dispoña dun servizo propio ou contratado, independente, de medición dos niveis sonoros en domicilios que evite as medicións de ruído de parte interesada.
Outra das reclamacións por parte das Asociacións foi que se atenderan as queixa recorrente dos veciños para que as denuncias non tramitadas polo concello dentro do prazo dun ano, sexan declaradas caducadas e que de oficio o propio Concello tramite un novo expediente, sen ter que facelo os veciños denunciantes.
A Plataforma pediu información da marcha do Plan de Medidas contra a Contaminación Acústica do ocio nocturno nas rúas, que quedou en facilitar o concelleiro Xan Duro. Ademais pediuse a actualización do Decreto de Zonas saturadas e que ao mesmo se lle dea o rango normativo que lle corresponde.
Tamén vinculado a dito decreto pediuse que se revisen as autorizacións de concertos en rúas e prazas cualificadas como “zonas saturadas” e que ademais son saída obrigada para os vehículos dos residentes na Cidade Histórica. A Plataforma ten intención de solicitar que nos plans urbanísticos se inclúa a incompatibilidade dos usos cualificados como actividades molestas co uso residencial.
Finalmente a Plataforma informou aos concelleiros que instarán a Xunta de Galicia para proceder a modificar a Orde que determina os horarios dos espectáculos públicos.