Compostela, 17 de xuño do 2024 – Tras a petición do secretario local do Psoe, Aitor Bouza, de reunirse para valorar o cumprimento do acordo de orzamentos; a alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartón o convoca para o 1 de xullo.

Bouza pide a creación dunha comisión de seguimento do cumprimento do acordo de orzamentos de Compostela . O secretario socialista móstrase preocupado en especial por proxectos que viñan do mandato anterior e que dependen de fondos europeos.
Goretti Sanmartín respondeu a esta petición lembrando que os seis meses, aos que aludiu Bouza nunha carta remitida á alcaldesa, cómprense o 29 de xuño e por iso a reunión terá lugar o primeiro día hábil tras esa data. Sanmartín tamén explica que Aitor Bouza ten as liñas abertas con ela e ironiza dicindo que esta comunicación “pódese facer a través da prens ao de xeito directo”.

Aitor Bouza remitiu unha carta á alcaldesa a pasada semana na que mostraba a súa preocupación por proxectos como o de renaturalización Entre Sar e Sarela que contempla actuacións varias na lagoa do Auditorio, a lagoa de Cornes ou o xardín botánico. Para Bouza “hai proxectos que non se están poñendo enriba da mesa e non están indo á velocidade suficiente que permita que concluamos o ano con eles rematados”.
O secretario socialista engade que “Do mesmo xeito que nós fomos leais coa cidade, esperamos que a alcaldesa responda con esa mesma lealdade e renda contas” nunha comisión de seguimento que, reclaman, se cons1túa “á maior brevidade”.