Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A taxa turística de Santiago preséntase ante a hostalería

Santiago reuniu ao sector fa hostalería da cidade para presentar o modelo de taxa turística que se quere implementar en Compostela.
compostela-reactivacion-turismo-slide-23-abril-2020_124301_r

Compostela, 27 de abril do 2023 – O concello de Santiago reuniu ao sector da hostalería da cidade para presentar o modelo de taxa turística que se quere implementar en Compostela.

O catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da USC César García Novoa foi o encargado de presentar o “Informe sobre a creación dunha taxa turística para un turismo máis sostible en Santiago de Compostela”. No encontro participaron representantes da Unión Hotelera Compostela, Hostalaria.gal e a Asociación de Hostelaría Compostela.

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, valorou positivamente esta “primeira reunión de traballo” xa que “en xeral, maioritariamente se entende que é necesario e positivo que o turismo contribúa vía impositiva ao mantemento da cidade” e hai consenso en contar “cun procedemento o máis seguro e simplificado posible desde o punto de vista da súa tramitación e o máis equilibrado posible en canto á distribución da contía entre os diferentes tipos de establecementos”.

A que se dedicará?

A cuestión que xera máis debate e a finalidade a que se dedicarán os fondos recadados. Bugallo falou de destinalos á “rehabilitación e conservación da cidade histórica, no sentido máis amplo posible, que incluiría o mantemento da poboación que vive nela e o pequeno comercio tradicional”. Tamén apuntou outro uso ” cubrir o sobrecuste que o impacto turístico pode ocasionar en determinados servizos, unha vez sexa medido e cuantificado”. Finalmente dou unha terceira opción a “organización de actividades e eventos lúdicos e culturais que contribúan á desestacionalización do turismo e ao incremento da estadía media por turista e para o desfrute dos composteláns”.

A asociación Hostalería.gal emitiu xa un comunicado no que, como as outras asociacións, apoia a implantación da taxa pero engade ademais algunhas ideas. O colectivo aposta pola creación dun ente cunha “composición plural da sociedade” que sexa o que decida o destino dos fondos recadados.

Hostalería.gal propón usos como os apuntados polo alcalde pero tamén outros como o Impulso de proxectos de investigación científica, xunto coa USC, que contribúan á diversificación económica; mellora de formación e calidade do emprego e fomento da ocupación en tempada baixa que promova o mantemento de equipos de traballo con carácter estable ou actuacións en política de vivenda destinadas a fomentar o acceso á mesma na cidade, con especial atención ás persoas traballadoras do sector.

A taxa

César García Novoa, Catedrático autor do informe, partiu da idea de crear “un modelo de imposto aliñado coas tendencias que esixen noutras Comunidades Autónomas do Estado e noutras cidades de Europa”. Segundo explicou, trátase dun imposto autonómico de esixencia voluntaria para os concellos, de cuxa recadación poderán dispor para “sufragar os sobrecustos dos servizos turísticos que estimen oportunos”. O informe establece un modelo “sinxelo de aplicar” en colaboración cos establecementos de aloxamento hostaleiro e turístico, que “o turista liquidaría no momento de facer o check-out”.

A contía da taxa que se propón no estudo oscila “entre os 0,50 e os 2,50 euros en función da categoría do establecemento, incluíndo os pisos turísticos”, o que supón un prezo “moderado para evitar o impacto na demanda como xa corroboran os datos que existen”. A estimación de recadación anual na cidade sería entre 2,5 e 3 millóns de euros, “na media doutras comunidades autónomas”.

Post navigation

Previous: Ata o día 7, Feira do libro en Compopstela
Next: Unha empresa pública xestionará a auga de Ames

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.