Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Desencontro entre a hostalería e o concello de Santiago co departamento do urbanismo no centro da polémica

Reunión entre o concello de Santiago e as asociacións de hostalería sobre as medidas e as inspeccións en materia de seguridade.
compostela-reunion-hostaleria-slide-3-novembro-2023_r

Compostela, 3 de novembro do 2023 – O incendio da discoteca de Murcia e a proximidade no tempo dun pequeno incidente na sala Malatesta de Compostela puxeron sobre a mesa os desencontros da hostalería santiaguesa co concello.

Aínda que os procesos non cambiaron nos últimos tempos foi esta coincidencia a que motivou un comunicado das asociacións o pasado 26 de outubro. No documento recoñecían que era unha situación que viña de lonxe e solicitaban unha reunión co concello e o acusaba de “manter uns criterios interpretativos das normas absolutamente restritivos e con demoras inxustificadas”.

A reunión solicitada tivo lugar onte coa participación da alcaldesa, Goretti Sanmartín, e o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, xunto con persoal técnico. Pola outra banda participaron representantes de Hostelería Compostela, Hostalaría.gal e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas.

O obxectivo do encontro era explicar o contido do plan destinado a verificar as medidas de seguranza nos locais. A hostalería levaba a proposta de pór en marcha unha Mesa Sectorial, iniciativa que agora será estudada polo goberno municipal.

O plan que vai poñer en marcha o Concello, para o que di querer contar coa colaboración das asociacións que agrupan os establecementos de hostalaría, pretende garantir a seguridade das persoas usuarias dos locais. Engádese que “o sector da hostalaría é unha peza destacada no aspecto socioeconómico de Santiago de Compostela, con recoñecemento pola súa calidade e a cantidade de locais existentes”.

Como primeira medida o Concello elaborou unha instrución que guiará as inspeccións para que todas as partes teñan claros os obxectivos, que se dará a coñecer ás entidades asociativas do sector. Vaise comprobar o funcionamento dos percorridos de evacuación, a sinalización e iluminación de emerxencia e a seguridade contra incendios, fundamentalmente, sempre tendo en conta as condicións que se autorizaron para cada establecemento.

O fin último é garantir a seguridade dos locais e minguar a alarma social, ademais de ofrecerlles as mellores condicións ás persoas usuarias dos locais e favorecer a actividade do sector hostaleiro.

Post navigation

Previous: Magosto e cogomelos na axenda cultural do concello de Melide
Next: Melloras na estrada que conecta Noia con Boiro por Lousame

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.