займ срочно

As Cidades Patrimonio da Humanidade de España reuníronse en Compostela

0

Compostela, 26 de xullo do 2022 – O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de españa reuniuse esta fin de semana en Santiago e celebrou unha asemblea extraordinaria.

Na reunión decidiron outorgar o Premio Patrimonio 2023 á galerista e colecionista Helga de Alvear. O Presidente do Grupo e alcalde de Salamanca, Carlos García Carbayo, destacou que “a decisión foi tomada por unanimidade e con este premio queremos recoñecer a xenerosidade e empeño de Helga de Alvear para que o o centro histórico de Cáceres acolla unha das coleccións privadas de arte contemporánea máis importantes de Europa”.

García destacou tamén “O seu extenso labor como coleccionista, filántropa e mecenas que fixo posible a creación dun novo Museo de Arte Contemporánea que amplía o patrimonio artístico de todos os españois. Igualmente transcendente é a posta en valor da arquitectura e o urbanismo do centro histórico cacereño, incorporando de maneira harmoniosa a difusión da cultura contemporánea ao Patrimonio Histórico da cidade”.

O presidente do Grupo, Carlos García Carbayo, anunciou que a entrega do Premio Patrimonio farase efectiva o 11 de novembro no marco da Asemblea Xeral do Grupo que se celebrará en Cáceres.

Coa presenza de máis de 500 artistas dos cinco continentes, o Museo de Arte Contemporánea conta con máis de 3.000 m2 de espazo expositivo e case 8.000 m2 de superficie. O Grupo destaca que “Helga de Alvear achegou o 50% dos fondos necesarios para a construción do edificio de nova planta deseñado polo premiado estudo Tuñón Arquitectos, foi ela quen adquiriu o inmoble onde se sitúa dita ampliación e tamén financiou o proxecto arquitectónico. O edificio deseñado por Emilio Tuñón difumina fronteiras entre o centro histórico de Cáceres, Patrimonio da Humanidade, e a parte máis moderna da cidade, creando así unha vía de comunicación fluída entre o pasado e o presente”.

Pola súa banda, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, lembrou que “en 2021 gañou o Premio Patrimonio a Fundación Catedral de Santiago de Compostela, en recoñecemento á importancia do proxecto de restauración e rehabilitación do conxunto histórico monumental dunha xoia única no patrimonio mundial. Ese Premio tivo gran repercusión e por suposto supuxo un recoñecemento para a Catedral e tamén para o potente atractivo turístico da cidade”.

A Delegación do Grupo de Cidades Patrimonio camiñou na mañá do domingo desde o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro. Esa tarde tivo lugar a asemblea extraordinaria. Pola noite tiveron unha cea privada con toda a corporación antes de presenciar os Fogos do Apóstolo desde unha terraza.

Onte luns asistiron á celebración litúrxica da Solemnidade do Apóstolo Santiago na Catedral, durante a cal A súa Maxestade o Rey Felipe VI presentará a Ofrenda Nacional ao Apóstolo, acompañado da Raíña e das súas fillas, as infantas Sofía e Leonor.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies