A viaxe desde que o goberno municipal de Martiño Noriega iniciou a reclamación xudicial das estatuas de Abraham e Isaac rematou onte co retorno das esculturas a Compostela.
Abrahan e Isaac nacerán alá polo 1211 para formar parte do Pórtico da Gloria do Mestre Mateo. Alí viviron séculos ata que en 1520 a igrexa decide poñerlle portas a esa entrada da Catedral e Isaac e Abraham, xunto ao outras figuras, acaban no chan de Fonseca.
Alá polo 1720, ano arriba ou abaixo, o Conde de Ximonde as leva para o seu Pazo de San Miguel de Sarandón, en Vedra, O mecenas as conserva ata que en 1933 Fermín Bouza Brey a descobre e comeza a traballar para recuperalas.


O intelectual consegue os suficientes apoios como para que o concello compre as estatuas de Abraham e Isaac . O Conde pon como único requisito para vendelas, por 60.000 pesetas, que sexan sempre de dominio público. En 1948 quedan instaladas no Pazo de Raxoi.
Foi alí onde Carmen Polo, muller do ditador Franco, encaprichouse delas nunha visita e ordenou que se levarán ao Pazo de Meiras, residencia habitual dos Franco cando viñan a Galicia. Alí estiveron ata que os xulgados déronlle a razón ao concello e ordenaron a devolución.
O que iniciou Martiño Noriega seguiuno Xosé Sánchez Bugallo e rematouno Goretti Sanmartín. Son as cabezas visibles dunha porfía na que colaboraron equipos xurídicos, técnicos, historiadores, funcionarios…

Retorno a Compostela
Na tarde de este chuvioso luns que abriu decembro, Abraham e Isaac quedaban instalados no Museo do Pobo Galego. Un acto só para medios de comunicación que será público o vindeiro día 11, para devolver á veciñanza o que nunca debeu de deixar de ser seu.
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada da tenenta de alcaldesa, María Rozas, e da concelleira de Capital Cultural e Memoria Histórica, Míriam Louzao, recibiu as esculturas do Mestre Mateo na Ala Sur do Museo do Pobo Galego (MPG). No acto tamén estivo a presidenta do Padroado do Museo, Concha Losada.
Tanto Goretti Sanmartín como María Rozas destacaron a importancia de esta primeira devolución que ten que servir para que haxa moitas máis ata recuperar todo o patrimonio incautado pola familia do ditador.
