Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

Compostela restaurará o Arco de Mazarelos

O Arco de Mazarelos é a única porta que queda en pe das sete das que constaba a muralla da cidade

Imaxe de Google Mpas do Arco de Mazarelos

Imaxe de Google Mpas do Arco de Mazarelos

Compostela, 12/05/2026 – A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou o proxecto para a limpeza, restauración e conservación do Arco de Mazarelos. O proxecto foi elaborado pola Oficina Técnica do Consorcio de Santiago. A obra ten un prazo de execución de catro meses e un orzamento base de licitación de 74.062,71 € (IVE incluído), que correrán por conta do Consorcio.

A voceira do goberno municipal, Míriam Louzao, indicou que este proxecto aborda a limpeza dos paramentos, a consolidación da fábrica e a eliminación das vías de auga de chuvia da parte superior e dos encontros cos edificios lindeiros e que tamén prevé a eliminación ou recolocación de todos os elementos descontextualizados, como a cablaxe, as placas ou a varanda superior.

Este arco, correspondente á porta da muralla exterior pola que entraba a vía procedente de Ourense, é o único que fica no seu lugar. Consta citado no Códice Calixtino como Porta Merecellis e a tradición di que por aquí entraba o viño do Ribeiro e tamén o cereal de Castela.

“As fachadas do arco están marcadas polas reformas que se realizaron na muralla entre os séculos XVI e XVII e tamén polas reparacións que se fixeron no século pasado, utilizando morteiro de cemento”, sinalou a voceira, e apuntou que o proxecto conta xa co ditame da Comisión Asesora do Patrimonio Histórico e cos informes favorables dos servizos urbanísticos municipais e da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

Restauración das cubertas das absidiolas da Catedral

Por outra banda, o goberno local outorgou licenza á fase II da restauración das cubertas das absidiolas da Catedral. O prazo previsto de obra é de sete meses e o orzamento de execución material de 281.393,96 euros.

A portavoz municipal explicou que consonte ao seu nivel de protección (BIC e catalogado co nivel 1 do Plan especial da Cidade Histórica), a Catedral conta cun plan director, aprobado en 2009. “Este documento recolle o estudo das patoloxías existentes no edificio e ordena as propostas de actuación clasificándoas segundo a súa prioridade, situando entre as secundarias as referidas ás cubertas das capelas da ábsida”, concretou Louzao.

A partir da intervención no Pórtico da Gloria en 2010 e ata 2021 realizáronse diferentes actuacións nas cubertas que agora se completan coas zonas que quedaron sen restaurar na cabeceira do templo como a Sancristía da capela de San Pedro e almacén da Arquiconfraría, xunto ao patio da Porta Santa; a Capela da Concepción ou da Prima e a súa sancristía, ao carón da capela románica de San Bartolomeu ou a Capela do Espírito Santo e a súa sancristía.

“Estas cubertas teñen neste momento diferentes solucións -pedra granítica con morteiro, laxas de lousa, tella cerámica curva e forxados de formigón pavimentados con chapa plana de xisto- e unha xeometría alterada con encontros que están provocando filtracións de auga”, apuntou Míriam Louzao.

A intervención proxectada á que agora o Concello dá licenza baséase na que se desenvolveu durante a primeira fase, en 2017. Substituirá estas cubertas, con sistemas construtivos do derradeiro terzo do século XX, axustando a súa xeometría, empregando tella cerámica curva con zonas puntuais de pedra para facelas transitables e resolvendo con láminas metálicas de cinc os encontros e canles. Prevese actuar tamén nas fiestras exteriores dalgunhas capelas.

O proxecto conta coa resolución favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e tamén co ditame da Comisión Asesora de Patrimonio Histórico.

Post navigation

Previous: A reapertura da mina de Touro de novo unha posibilidade
Next: A banca segue abandonado o rural

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.