Compostela, 14 de marzo do 2023 – Existe un concepto denominado RSC, Responsabilidade Social Corporativa, non suficientemente coñecido. O obxectivo é a procura do mellor para todos os que forman unha empresa, desde os empregados ata os clientes, que é dicir a sociedade.
Trameve foi promovida pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, e integrada en COGAMI Empresarial, un grupo con 10 Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social. Espazos nos que se desenvolven profesionalmente máis de 700 persoas das cales preto do 90% teñen discapacidade.
Trameve dedicase á reciclaxe ecolóxica de vehículos. Cos anos convertéronse nunha das empresas máis eficientes que un pode coñecer e por iso falamos co seu xerente, Luís Penido, para saber un pouco máis sobre quen está detrás. Como nos conta Luís, Trameve é moito máis cunha empresa de reciclaxe
O traballo que fan en Trameve é moitas veces loitar contra os elementos. Unha constante na conversa que mantemos é o pouco que se fai desde as empresas para que un vehículo que remata a súa vida útil poida ser reciclado. Non só iso, a falta de estándares multiplica o traballo de clasificación de todo o que chega á empresa
Visitar Trameve é coñecer un xeito distinto de manexar os residuos. Penido explica que a palabra “desguace” non se lles pode aplicar xa que van un paso máis alá. Desmontan, tratan, clasifican e revenden, ou envían a xestores autorizados, todo o que pasa por alí. Non veremos manchas no chan nin coches amontoados. A limpeza e a organización son sinais de identidade de este lugar.
A eficiencia é algo buscado, non unha casualidade. O demostra unha das melloras implementadas cos anos e que da moi bos resultados. Cando alguén se pon en contacto con Trameve a primeira persoa que o atende manterá o contacto ata que remate a relación. O cliente sabe que non vai cambiar de empregado e ter que volver a explicar o que quere ou que chamou hai unha semana para… cada cliente ten un xestor propio.
Hai que destacar, de novo, que se trata dunha empresa cun noventa por cento de empregados con discapacidade. Unha empresa cun nivel de eficiencia e servizo que teñen moi poucas polo que tal vez sería mellor falar de capacidades máis que de discapacidades.
Dunha empresa como Trameve a sociedade pode sacar moitas conclusións. Desde fora un acaba por pensar que si este xeito de traballar se impuxera en moitas empresas, que calculan o seu valor en base aos cartos que xeran, o mundo sería moi distinto. A responsabilidade social corporativa é boa para a sociedade pero tamén para as empresas.
Trameve como empresa, e Luís Penido como xestor, son un exemplo non suficientemente difundido e posto en valor. Mentres escoitamos nos medios ecos dunha loita por subir uns cantos euros o salario mínimo, empresas coma esta traballan por unha sociedade máis xusta e igualitaria. Desde Lindeiros vos convidamos a coñecela e a usala, cando merquedes alí, ou a recomendedes, estaredes axudando a conseguir un mundo mellor.