Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

Compostela repara 200 bancos na Alameda

A área de Sustentabilidade Ambiental e Servizos Básicos ven de reacondicionar eestes douscentos bancos

Un dos bancos arranxados na Alameda de Compostela

Compostela, 29/05/2026 – O concello de Santiago de Compostela ven de reparar e reacondicionar os bancos da Alameda. Estes 200 bancos son unha das sinais de identidade de este espazo tan compostelán.

Compostela puxo a punto os bancos de madeira cunha actuación que inclúe o repintado e que se enmarca nas accións de mantemento do mobiliario urbano que impulsa este goberno.

O concelleiro de Sustentabilidade Ambiental e Servizos Básicos, Xesús Domínguez, informou, aproveitando unha iniciativa presentada no pleno polas concelleiras Non Adscritas, de que nas últimas semanas se pintaron case 200 bancos na contorna da Alameda.

O departamento que dirixe encargou tamén unha memoria para a reparación dos bancos de Sargadelos, tamén situados na Alameda, co obxectivo de restauralos proximamente e seguir afondando na renovación e reacondicionamento do mobiliario urbano.

Estas actuacións súmanse á renovación das madeiras e pintado de 40 bancos en todo o barrio das Fontiñas, ámbito no que está prevista a reparación doutros 43 bancos desta mesma tipoloxía que xa están contabilizados.

Cómpre lembrar que nas obras que o Concello está a executar recentemente e nas que están en marcha tamén se incluíu a renovación total do mobiliario. Así, no barrio da Pontepedriña estanse instalando bancos novos, duplicando os preexistentes, e tamén se instalaron novos asentos deste tipo nas rúas do Hórreo, Triacastela ou Almáciga. E tamén se continuará coa colocación de bancos noutras rúas como Mallou. O Concello ten unha partida específica de 23.000 nos orzamentos de 2026 para mobiliario de carácter urbano.

Xesús Domínguez tamén lembrou que o Concello está a reflexionar e impulsar un novo modelo urbano para o Ensanche, que se formalizará en primeiro lugar coa redacción do proxecto para a rúa Santiago de Chile.

O Concello lanzou unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza na que se preguntou especificamente polo mobiliario urbano. A esta enquisa responderon 551 persoas, das cales máis da metade defendeu a importancia de ampliar o espazo peonil e favorecer a interacción social con espazos para sentar.

“Concordamos con estes criterios. Este é o modelo que tamén defendemos para o Conector Central, para o espazo que se liberará na parcela do antigo Peleteiro ou para outros proxectos que se están a redactar para transformar a cidade”, afirmou Domínguez.

Post navigation

Previous: Rois cederalle a unitaria de Sorribas á Asociación Amipa
Next: Melloras nos acceso ás aldeas de Frades

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.